Hunter Stockton Thompson, nado en Louisville, Kentucky, o 18 de xullo de 1937 e finado en Woody Creek, Colorado, o 20 de febreiro de 2005, foi un xornalista e escritor estadounidense, creador e icona do xornalismo gonzo, un modelo de xornalismo que propón eliminar a división entre suxeito e obxecto, ficción e non ficción, e entre obxectividade e subxectividade.

Traxectoria Primeiros ano Nado en Louisville, Thompson creceu en Cherokee Triangle, un barrio histórico de The Highlands, e asistiu á secundaria no colexio masculino de Louisville. Os seus pais, Jack e Virginia, casaron en 1935. A morte do pai deixou tres fillos (Hunter, Davison e James) ao coidado da súa nai, que tiña problemas de alcoholismo.

Hunter foi arrestado en 1956 por roubo, e despois de chocar un camión de entregar da empresa de envíos en que traballaba alistouse na Forza Aérea dos Estados Unidos durante o período de espera obrigatorio antes do servizo militar. Despois de traballar no departamento de información da base de Eglin, Florida, en 1956, converteuse no redactor de novas deportivas para o xornal da base, The Command Courier. Tamén escribiu para diarios locais, infrinxindo regras da Forza Aérea.

Foi dado de baixa honorable en 1958, por recomendación do seu oficial superior. O coronel W. S. Evans, xefe dos servizos de información escribiu ao oficial en xefe da base de Eglin:

Thompson burlouse nunha declaración de prensa inventada sobre a súa baixa, dicindo que foi declarado como "completamente inclasificable".

Á súa saída, mudouse a Nova York e ingresou na Universidade Columbia, onde fixo cursos de escritura de contos.

Carreira profesional Durante este tempo, traballou para a revista Time como copista por un soldo de 51 dólares por semana. Traballando, aproveitou para copiar na súa máquina de escribir os libros O Gran Gatsby de F. Scott Fitzgerald e A Farewell to Arms de Ernest Hemingway, argumentando que quería aprender sobre os estilos dos autores.

En 1959, foi despedido de Time por insubordinación. Máis tarde ese ano, traballou como xornalista para o Middletown Daily Record de Nova York. Foi despedido pouco despois por danar unha máquina de doces das oficinas do xornal e por discutir co propietario dun restaurante que patrocinaba o diario.

En 1960, Thompson mudouse a San Xoán (Porto Rico) para traballar na revista deportiva El Sportivo, que non durou moito. Porén, o cambio a Porto Rico permitiulle viaxar ao Caribe e América do Sur, escribindo como freelance para distintos medios do continente. Traballou como correspondente en Suramérica para unha publicación de Dow Jones & Company, The National Observer.

Durante ese período, escribiu dúas novelas, Prince Jellyfish e The Rum Diary, e enviou varios contos a distintas publicacións. The Rum Diary publicouse en 1998, moito despois de que Thompson se volvese famoso.

Carreira como xornalista En 1965, o editor de The Nation, Carey Williams, ofreceu a Thompson a oportunidade de escribir un artigo sobre a súa experiencia coa banda de motociclistas Hells Angels. Thompson pasara un ano vivindo e rodando con eles, mais a relación crebou cando os motociclistas comezaron a sospeitar que Thompson estaba a gañar cartos cos seus textos. A banda esixiu parte das ganancias, e todo rematou con Thompson recibindo unha malleira salvaxe. Cando The Nation publicou o artigo o 17 de maio de 1965, Thompson recibiu varias ofertas para publicar un libro, ata que Random House publicou a edición de tapa dura, titulada Hell's Angels: The Strange and Terrible Saga of the Outlaw Motorcycle Gangs, en 1966.

A maior parte do mellor traballo de Thompson foi publicada na revista Rolling Stone. O seu primeiro artigo publicado nela foi "Freak Power in the Rockies", en que relataba a súa candidatura de 1970 para sheriff do condado de Pitkin, Colorado, como membro do partido Freak Power. Thompson perdeu nunha estreita votación, prometendo na súa campaña a despenalización do consumo das drogas (non do narcotráfico, que desaprobaba), destruír as rúas e convetelas en pastos para que a xente camiñase, prohibir edificios tan altos que agachasen a paisaxe e a vista ás montañas e rebautizar Aspen como Fat City. Para darse o pracer de chamar ao rival republicano "o meu opoñente guedellán", rasurouse a cabeza.

Thompson foi traballar como correspondente político para Rolling Stone, retendo o título de director de Asuntos Nacionais durante trinta anos, ata a súa morte. Dous dos seus libros, Fear and Loathing in Las Vegas e Fear and Loathing on the Campaign Trail '72 foron publicados (por entregas) na revista. Xunto con Joe Eszterhas e David Felton, Thompson foi fundamental no proceso de expansión de Rolling Stone alén da crítica musical. De feito, Thompson foi o único escritor do cadro daquela época que non contribuíu cun artigo sobre música na revista. Non obstante, as súas historias sempre tiñan pinceladas e referencias á música popular, desde Howlin' Wolf ata Lou Reed. Armado onde for cunha das primeiras máquinas de fax, fíxose famoso por entregar os seus artigos a última hora, case ilexibles, nas oficinas da revista en San Francisco, sempre demasiado tarde para editalos e corrixilos, mais xusto a tempo para publicalos.

Nacemento do xornalismo gonzo miniatura|esquerda|Thompson con George McGovern en San Francisco, xuño de 1972 miniatura|O puño vermello de dous polgares sostendo un peyote (Lophophora williamsii), icona do xornalismo gonzo En 1970, Thompson escribiu un artigo chamado "The Kentucky Derby is Decadent and Depraved" para unha pequena revista deportiva chamada Scanlan's Monthly. Aínda que non foi moi lido no seu momento, o artigo é o primeiro en que Thompson utilizou as técnicas do que sería o xornalismo gonzo, un estilo que ocupou durante a maior parte do resto da súa carreira literaria. A descrición maniática e subxectiva en primeira persoa foi o suposto resultado da desesperación de Thompson, quen se enfrontaba a unha inminente data límite para entregar o artigo. Xa sen tempo, arrincou as páxinas do seu caderno de apuntamentos e mandoullas ao seu editor, sen corrixilas ou sequera organizalas. Ralph Steadman, quen colaborou posteriormente con Thompson en gran cantidade de artigos, contribuíu elaborando debuxos expresionistas con tinta e lapis. Thompson estaba resignado, seguro de ser despedido, cando o seu editor o chamou para felicitalo polo «excelente» artigo que escribira.

O primeiro que empregou a palabra "gonzo" para describir o traballo de Thompson foi o xornalista Bill Cardoso. Cardoso coñeceu por primeira vez a Thompson en 1968, nun bus cheo de xornalistas viaxando para cubrir o comezo das eleccións presidenciais estadounidenses en New Hampshire. Cardoso describiu a aparición do artigo Kentucky Derby como unha iluminación: «Agora si, isto é gonzo puro. Se este é o principio, que siga chegando». Thompson tomou a palabra de inmediato e, segundo Ralph Steadman, dixo: «Ok, iso é o que fago. Gonzo».

Thompson deseñou un símbolo para representar o novo xornalismo que creara. Consistía nunha gran man vermella con dous polgares, un en cada extremo da man, que co puño pechado encerra no centro un anaco de peyote, un cacto endémico de México famoso polos efectos alucinóxenos ao inxerilo, e que tanto gustaba a Thompson.

Vida persoal O 19 de maio de 1963 casou coa súa moza de moitos anos, Sandra Dawn Conklin (posteriormente coñecida como Sandra Conklin Thompson ou Sondi Wright), e tiveron un fillo, Juan Fitzgerald Thompson, nado o 23 de marzo de 1964. A parella intentou ter máis fillos, mais a súa esposa sufriu tres abortos espontáneos e dous bebés morreron ao pouco de nacer. Nunha edición a Thompson da revista Rolling Stone, Sandy escribiu:

Despois de 19 anos xuntos e 17 de casados, Hunter e Sandy divorciáronse en 1980; continuaron a ser amigos ata a morte de Hunter en 2005.

O 20 de febreiro de 2005, aos 67 anos, o xornalista quitouse a vida dun disparo na cabeza. O seu fillo Juan emitiu un comunicado de prensa en que informou «o doutor Hunter S. Thompson rematou coa súa vida disparándose na cabeza no seu recinto fortificado en Woody Creek (Colorado). Hunter gardaba celosamente a súa intimidade e pregamos que os seus amigos e admiradores respecten esa intimidade e a da súa familia».

Os seus restos foron lanzados cun canón desde o alto dunha torre co puño de dos polgares no alto, símbolo do xornalismo gonzo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

"Hunter S. Thompson's ESPN Page 2 Archive", Totallygonzo.org "Shotgun Golf With Bill Murray", Thompson's final column for ESPN.com's Page 2. Colección de artigos de Thompson en The Guardian Thompson's photography El creador del periodismo Gonzo - El Mundo.es La muerte de un ícono contracultural dos Estados Unidos - Diario Clarín Páxina web oficial dos filmes baseados na obra de Hunter Thompson El Derby de Kentucky es decadente y depravado

Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Suicidios en 2005 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Suicidas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia