miniatura|dereita|220px|L'Arena. L'Arena é a capital da parroquia costeira de Ranón, no concello asturiano de Sotu'l Barcu. Cunha poboación de 1 445 hab. (segundo datos de 2017), é a localidade máis poboada do concello.

Demografía

Xeografía Atópase na beira dereita da desembocadura do río Nalón no mar Cantábrico, a 10 metros sobre o nivel do mar e a 3 km da capital do concello. Tradicionalmente, é famoso pola pesca do meixón e pola gastronomía arredor dela.

En L'Arena sitúase a praia dos Quebrantos, que xunto coa de Bayas, xa no concello veciño de Castrillón, forman un areal de máis de 3 km de lonxitude.

Festas Celebra as súas festas arredor da festividade de San Xoán, o 24 de xuño. Ademais, e por mor da súa tradición mariñeira, celebra tamén a festa de San Telmo o último domingo de setembro.Páxina do concello de Sotu'l Barcu.

Lugares L'Arrabal El Barriu Chinu La Calea La Calea de Baxu El Charcu La Llama La Baxamar El Maumáu El Molinón El Parque El Picu Riulaveiga

Notas

Categoría:Sotu'l Barcu Arena