Piedad de la Cierva Viudes, nada en Murcia o 1 de xuño de 1913 e finada en Madrid o 31 de decembro de 2007, foi unha científica española, pioneira nos estudos de radiación artificial en España e na industrialización do vidro óptico.
Traxectoria Piedad de la Cierva foi filla de Juan de la Cierva López e de Encarnación López. Parente de Juan de la Cierva Peñafiel, tivo tres irmáns, Julián, Juan e Francisco.Viudes. abcgenealogia.com Consulta 11 de decembro de 2016
O seu pai, home de grandes miras e moi esixente con Piedad, foi capaz de adiviñar o novo rol que as mulleres debían desempeñar na sociedade tras a Gran Guerra. É por iso que se preocupou de proporcionar os medios para que Piedad puidese estudar e alcanzar unha adecuada educación universitaria. Matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade de Murcia.
O 2 de outubro de 1928 empezou a estudar como alumna oficial na Universidade de Murcia, co que se converteu na única muller na citada Universidade. As súas aptitudes intelectuais, impediron ser obxecto de discriminación, e os seus profesores axudáronlle na súa promoción profesional, como o profesor Fernando Ferrando. Durante o curso, 1929-30, trasladouse a Valencia para continuar a carreira, onde puido atopar outras mozas universitarias na Residencia de Escolapias na que se aloxaba, deixando o illamento que sufrira en Murcia. Alí coincidiu con tres estudantes de Maxisterio e dúas de Medicina. Alva Rodríguez, Inmaculada. (2016). Piedad de la Cierva: una sorprendente trayectoria profesional durante la segunda república y el franquismo. Arbor, 192 (779): a322. doi: http://dx.doi.org/10.3989/arbor.2016.779n3012
Licenciouse en Ciencias pola Universidade de Valencia en 1932, recibindo o Premio Extraordinario de Licenciatura, e sendo unha das afortunadas que formaba parte dese 6% de alumnado feminino do total de alumnos universitarios.La conquista del espacio público. Mujeres españolas en la universidad. Montero, Mercedes. Madrid: Minerva. 2009. Pág. 205 ISBN 9788488123725
O profesor de Química Xeral, Antonio Ipiens, catedrático de Química Xeral na Universidade de Valencia desde 1924 e que obtería en 1941 a cátedra de Química experimental na Universidade de Madrid, cuxa muller tamén tiña carreira universitaria; propón a Piedade facer o doutoramento en Madrid, proporcionándolle unha carta de recomendación dirixida a Julio Palacios, un dos investigadores máis prestixiosos da Universidade Central de Madrid. É deste xeito que acaba realizando a súa tese doutoral no prestixioso Instituto Rockefeller, que reunía naquel momento a investigadores de gran talle intelectual como Enrique Moles, Miguel Catalán ou Julio Palacios e acudían tamén científicos destacados doutras partes de Europa, entre eles Marie Curie ou Albert Einstein.
Actividade científica Acabada a tese en 1935, obtivo unha bolsa para marchar ao Instituto de Física Teórica Niels Bohr en Dinamarca, un centro pioneiro na desintegración artificial do átomo, para investigar baixo a dirección do profesor Georges von Hevesy.
Von Hevesy dirixiu os seus estudos, ensinoulle as principais técnicas de radiación artificial e encomendoulle varias investigacións, en concreto unha sobre a transmutación do Aluminio e outra sobre a separación dos isótopos do Bromo que se traduciron en dous artigos científicos publicados en España na Revista Anais da Sociedade Española de Física e Química.
Á súa volta a España contaba con dirixir os estudos sobre radiación artificial en España, pero o estalido da Guerra Civil en xullo de 1936 deu ao traste con todos os seus plans.
Despois da Guerra volveu retomar a súa actividade científica. En primeiro lugar, formou parte do inicial Instituto de Óptica a proposta de José María Otero Navascués. Este incipiente instituto converteríase posteriormente no Instituto de Óptica "Daza de Valdés", dependente do CSIC. Ademais, foi nomeada Auxiliar da Cátedra “Estrutura atómico-molecular e Espectroscopia” na Universidade Complutense.
En 1941 presentouse ás oposicións de Cátedra de Físicoquímica para as universidades de Sevilla, Murcia e Madrid xunto con Teresa Salazar e outros tres profesores de universidade. Para a súa decepción só dous dos homes conseguiron unha praza e a outra preferiron deixala deserta para que non a obtivera unha muller o que lle fixo reformularse a súa dedicación á universidade.
En 1945 foi contratada como Persoal Técnico Civil da Mariña polo LTIEMA (Laboratorio e Taller de Investigación do Estado Maior da Armada) para encargarse sobre todo da industrialización do vidro óptico. Con este fin viaxou aos Estados Unidos para familiarizarse cos procedementos. Visitou a National Bureau of Standards (Washington), a Facultade de Enxeñería do Vidro da Universidade de Toledo ( Ohio) e a Libby Owens
En 1954 conseguiu fabricar o primeiro ensaio de vidro óptico. A Memoria dese ensaio foi publicada polo Consello Superior de Investigacións Científicas e foi premiada co 1º Premio de investigación técnica “Juan de la Cierva” en 1955.
Outro campo de investigación liderado por Piedad de la Cierva desde o LTIEMA foi a fabricación de ladrillos refractarios con cascarilla de arroz, moi útiles para as caldeiras dos barcos e outros fornos. Nesta ocasión volveu recibir de novo o Premio “Juan de la Cierva” en 1966.
En 1945 coñeceu o Opus Dei a través de Camiño, un libro de Xosemaría Escrivá. O 25 de decembro de 1952 pide a súa admisión como Agregada.
Recoñecementos Na súa honra creronse os premios Piedad de la Cierva, para reconocer a traxectoria de mulleres da Rexión de Murcia con toda unha vida adicada á ciencia,Convocatoria IV Premio Piedad de la Cierva - 2021 Lyceum de Ciencia e as bolsas Piedad de la Cierva para alumnas que inician os estudos en Enxeñería ou Arquitectura.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Zen, Giovanni (2018). "Piedad de la Cierva in the Instituto de Óptica "Daza de Valdés" and her contribution to the optics research". Optica pura y aplicada 51 (4): 2. ISSN 2171-8814. Pablos, Ana Romero de (2017). "Mujeres científicas en la dictadura de Franco. Trayectorias investigadoras de Piedad de la Cierva y María Aránzazu Vigón". Arenal: Revista de historia de las mujeres 24 (2): 319–348. ISSN 1134-6396. Alva Rodríguez, I. (2016). Piedad de la Cierva: una sorprendente trayectoria profesional durante la segunda república y el franquismo. Arbor, 192 (779): a322. doi: http://dx.doi.org/10.3989/arbor.2016.779n3012.
Ligazóns externas
Piedad de la Cierva y el Laboratorio y Taller del Estado Mayor de la Armada en Jornadas Ciencia y Género Proyecto Meitner.
Categoría:Nados en Murcia Categoría:Membros do Opus Dei Categoría:Científicos do CSIC Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade de Murcia