SpinSat, acrónimo de Special Purpose Inexpensive Satellite, foi un satélite artificial do NRL pertencento ao Programa de Probas Espaciais do Departamento de Defensa lanzado o 28 de novembro de 2014 a bordo dun Falcon 9 desde Cabo Cañaveral.

Características SpinSat foi lanzado a bordo da nave de carga Dragon CRS-4 cara a Estación Espacial Internacional. Tiña forma de esfera de 56 cm de diámetro cunha masa de 57 kg e era parte do hardware sen utilizar da misión ANDE 2. Estaba alimentado por baterías e dispoñía de retrorreflectores para medir a súa posición desde terra, antenas e propulsores de propelente sólido controlado electricamente. A súa misión consistiu en medir a eficiencia dos seus propulsores, comprobar a capacidade dos sistemas de seguimento en terra para medir os cambios na traxectoria e posición polos motores da esfera e medir a densidade das capas superiores da atmosfera. Como misión secundaria, SpinSat levaba a bordo un sistema de mensaxería por radio de tipo "almacenar e enviar" cunha potencia de 2 W para a comunidade radioafeccionada.

O satélite foi enviado á Estación Espacial Internacional na sección presurizada dunha nave de carga Dragon e, unha vez na estación, almacenado no módulo xaponés Kibo ata o día do seu lanzamento, no que foi exectado cara ao espazo mediante o sistema de lanzamento SSIKLOPS. SpinSat reentrou na atmosfera o 11 de marzo de 2017.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Falcon 9 Estación Espacial Internacional

Categoría:Satélites artificiais