José Arias Díaz, nado na Coruña o 30 de maio de 1857 e finado na mesma cidade en outubro de 1949, foi un obreiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria
Mozo de almacen. Foi elixido tesoureiro da xunta directiva da Sociedad Cooperativa de Obreros da Coruña en 1900.La Voz de Galicia, 17-3-1900, p. 2. Participou no acto que organizou o Centro de Estudios Sociales Germinal en homenaxe a Émile Zola, en outubro de 1902 e, ao mes seguinte, na homenaxe a Pi i Margall. Participou nun mitin de Unión Republicana no Teatro Principal da Coruña en abril de 1903. Foi elixido concelleiro da Coruña en novembro de 1903 como republicano,La Voz de Galicia, 9-11-1903, p. 1. e volveu ser elixido concelleiro nas sucesivas eleccións até 1913. Interveu nos mitin anticlericais organizados por La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento en xuño de 1903 e no de decembro de 1906 no Teatro Circo. Foi un dos impulsores da institución cultural La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento, da que foi presidente en 1909.Diario de Galicia, 9-11-1909, p. 2. Finou na Coruña en outubro de 1949.La Voz de Galicia, 18-10-1949, p. 2.
Recoñecementos
Medalla de bronce do Traballo en 1931.El Ideal Gallego, 30-4-1931, p. 1. Vida persoal
Casou con Juana Viñol Incógnito e foi pai de Enrique Arias Viñol.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (A)
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Anticlericais