Eduard Holzmair, nado en Viena o 4 de outubro de 1902 e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1971, foi un numismático e historiador económico austríaco, director do Gabinete Numismático de Viena.
Traxectoria Eduard Holzmair naceu en Viena o 4 de outubro de 1902 e alí cursou a súa educación primaria e secundaria.Löscher, M. (2020).Koch, B. (1972).
Logo dun breve período traballando no Banco Anglo-Austríaco (Anglo-Österreichischer Bank), Holzmair iniciou en 1926 os seus estudos superiores de Lingua e Literatura Alemás, Historia, Ciencias Históricas Auxiliares e Arte na Universidade de Viena. Entre 1929 e 1931 ingresou no Instituto de Investigación Histórica de Austria, da mesma universidade, e durante ese curso preparou a súa tese titulada Eckehart und Tauler. Ein Vergleich ("Eckehart e Tauler. Unha comparación", coa que acadou o doutoramento en 1931.
A carreira profesional de Hiolzmair estivo moi vinculada ao Gabinete Numismático de Viena, no que traballou desde 1929 como voluntario e desde 1931 como conservador axudante. Finalmente, en 1949 sucedeu a August Loehr na dirección do Gabinete, posto que desempeñou ata a súa xubilación en 1967.Hävernik, W. (1971). Ese último ano asumiu tamén, efemeramente, o cargo de director do Museo de Historia da Arte de Viena (Kunsthistorisches Museum), que alberga o gabinete numismático.Holzmair, E. (1972). "Meine Tätigkeit in der Bundessammlung von Medaillen, Münzen und Geldzeichen in den Jahren 1929-1967". En Numismatische Zeitschrift. ÖNG. Nº 78/88. Páxinas 8-15.
Paralelamente á súa actividade no Gabinete Numismático de Viena, Holzmair foi desde 1949 profesor a título particular e a partir de 1959 profesor asociado de Numismática e Historia do Diñeiro na Universidade de Viena.
Entre outras entidades asociativas, Holzmar pertenceu á xunta directiva da Sociedade Numismática Austríaca, en condición de vicepresidente, entre 1950 e 1968.
Eduard Holzmair finou en Viena o 23 de decembro de 1971 e foi soterrado no cemiterio de Dornbacher.
Recoñecementos (1967): Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca, de Viena."Die Eckhel Medaille ". Sitio web da ÖENG.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos dos publicados por Eduard Holzmair ao longo da súa carreira:"Holzmair, Eduard 1902-1971 ". Digital Library Numis."Holzmair, Eduard". WorldCat Identities.
(1937). Medicina in nummis: Sammlung Dr. Josef Brettauer (con J. Brettauer). Autoedición, Viena. (1946). Münzgeschichte der österreichischen Neufürsten. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena. (1948). Münzkunst in Österreich. Wolfrum, Viena. (1948). Österreichische Münzprägungen, 1519-1938 (con A. Loehr e V. von Miller). 2 volumes. Verein der Museumsfreunde, Viena. (1958). Bundessammlung von Medaillen: Münzen und Geldzeichen. Kunsthistorisches Museum, Viena. (1959). Münzfunde 1946-1950 und 1951-1955. F. Berger, Viena.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hävernik, W. (1971). "Eduard Holzmair". En Compte rendu, 18. International Numismatic Commission. Páxina 20. Koch, B. (1972). "Univ.-Prof. Hofrat Dr. Eduard Holzmair". En Numismatische Zeitschrift. Volumes 87/88. Páxinas 3-7. Koch, B. (1972). "Eduard Holzmair". En Mitteilungen des Instituts für Österreichische Geschichtsforschung. Vol. 80. Páxinas 3-4. Löscher, M. (2020). "Eduard Holzmair". En Lexikon der Östterrichischen Provenienz Forschung.
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Viena Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Historiadores de Austria Categoría:Historiadores económicos Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes