Andrea Fuentes Fache, nada o 7 de abril de 1983 en Valls (Tarragona), é unha nadadora retirada catalá especialista en natación sincronizada. A súa irmá Tina Fuentes (1984–2018) tamén foi nadadora de natación sincronizada.
Traxectoria É a nadadora máis laureada na historia do equipo nacional de España, con catro medallas olímpicas, 16 de campionatos do mundo e 11 de campionatos europeos. As súas catro medallas olímpicas tamén a converten na muller española con máis medallas, xunto con Arantxa Sánchez Vicario e Mireia Belmonte.
Uniuse á selección española de natación sincronizada en 1999. Formada no Club Natación Kallípolis, formou parte do Dream Team xurdido no club, xunto con Gemma Mengual, Ona Carbonell e a súa irmá Tina Fuentes. Andrea competiu nos Xogos Olímpicos de 2004, 2008 e 2012, nos que gañou catro medallas na modalidade por parellas e por equipos. Retirouse na competición de elite en xaneiro de 2013, alegando desmotivación por mor dun conflito entre a Real Federación Española de Natación e a adestradora da selección, Anna Tarrés. Após retirarse, continuou a súa traxectoria como adestradora.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Andrea Fuentes
Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en natación sincronizada Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Nadadoras sincronizadas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Nadadoras sincronizadas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Nadadoras sincronizadas olímpicas de España Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Valls