A expedición de Magalhães e Elcano foi unha expedición marítima do século XVI financiada pola Coroa española e capitaneada por Fernão de Magalhães. Esta expedición, ao mando de Juan Sebastián Elcano no seu retorno, completou a primeira circunnavegación da Terra na historia.
A expedición tiña o propósito de abrir unha ruta comercial coas illas das especias por occidente, buscando un paso entre o océano Atlántico e o océano Pacífico. Estaba formada por cinco naves as cales baixaron o Guadalquivir desde Sevilla o día 10 de agosto de 1519, tras ultimar os preparativos, as naves partiron definitivamente de Sanlúcar de Barrameda o 20 de setembro de 1519. A escuadra, despois de explorar durante meses o litoral americano ao sur do Brasil, logrou cruzar o estreito de Magalhães o 28 de novembro de 1520. Na súa travesía polo Pacífico chegou ás illas Filipinas, onde, o 27 de abril de 1521, morre Fernão de Magalhães na batalla de Mactán. Os expedicionarios continuaron a navegación até as illas Molucas, obxectivo da súa viaxe, onde elixiron a Juan Sebastián Elcano para capitanear a viaxe de regreso. Navegando cara ao oeste polo océano Índico e dando a volta a África, o 6 de setembro de 1522 a Victoria, única nave que quedaba na expedición, retornou a Sanlúcar de Barrameda, ese mesmo día a nave foi remolcada río arriba até Sevilla, debido ás malas condicións nas que se atopaba a nave, chegando dous días despois (8 de setembro), coa súa carga de especias, converténdose na primeira embarcación da historia en dar a volta ao mundo.Bernal Rodríguez (2015), pp. 41-45miniatura|400x400px|Mapa da primeira viaxe de circunnavegación mundial (10 de agosto de 1519 - 8 de setembro de 1522).|centro Antecedentes miniatura|400x400px|Mapa de Martin Waldseemüller publicado en 1516 mostrando o mundo coñecido polos europeos na época. O obxectivo de Cristovo Colón foi navegar cara ao oeste ata as «Indias» en busca de especias e outras riquezas de Asia. Nas súas viaxes, Colón atopou ouro na illa de La Española e en Centroamérica, mais non atopou as illas das especias, que hoxe coñecemos como as Molucas. Nin sequera na cuarta viaxe de Colón se puido atopar un paso marítimo á Asia que os europeos coñecían.
Despois do Tratado de Tordesillas de 1494, o mundo dividiuse en dous entre Castela e Portugal mediante unha liña imaxinaria no océano Atlántico. Mentres Castela tiña o control da zona occidental, que abranguía boa parte do continente americano amais das Canarias, Portugal, controlaría toda a zona oriental, con territorios que van dende África até o océano Índico e o pico oriental de Suramérica, o que lle permitiría a colonización do Brasil. Por todas estas razóns, Castela estaba moi interesada nunha ruta marítima cara a Asia que non implicase navegar cara ao sur ao longo de África e despois ir cara ao leste ata a India. O paso terrestre do Atlántico ao Pacífico xa era coñecido en 1519 porque en 1513 o conquistador castelán Vasco Núñez de Balboa avistara o océano Pacífico, ao que chamou "Mar do Sur", cun paso terrestre por Centroamérica.
Fernão de Magalhães, mariñeiro portugués ao servizo da Coroa de Castela, cría na posibilidade de chegar ás illas das especias navegando cara ao oeste, sen ter que ir cara ao leste cos seus barcos ao longo de toda a costa occidental de África e despois regresar a Castela. O seu plan era moi similar ao de Cristovo Colón. Magalhães, tiña experiencia no mar e coñecía ben as Indias, ao pasar oito anos como soldado na armada portuguesa no océano Índico.
A viaxe era extremadamente complicada xa que, daquela, non había cartas de navegación para esa parte do mundo. Os mapas de 1519 non trazaran a ruta que Magalhães tiña previsto seguir; só apareceron algunhas illas do Caribe e as costas dende Centroamérica até o norte do Brasil, pero non máis ao sur. No leste, os mapas que mostraban as costas de Asia e África no século XVI tampouco eran especialmente detallados.
Preparativos da expedición
Capitulacións de Valladolid miniatura|O rei Carlos I, tiña 18 anos cando aceptou financiar a expedición de Magalhães ás illas das Especias en 1518. Aquí aparece retratado por Bernard van Orley, cara 1517 Ante o fracaso que obtivo ao expor os seus propósitos ao rei de Portugal, Manuel I, que xa coñecía unha rota para navegar cara a Asia fronteiriza con África e non tiña necesidade de financiar unha nova ruta, Magalhães decidiu ir a Castela para lle expor ao, entón mozo, rei Carlos I o seu audaz proxecto. Unha vez aceptado o proxecto por Carlos I, o 22 de marzo de 1518 asináronse en Valladolid as capitulacións da expedición nas que se lle outorgaba a Magalhães o título de gobernador e o adiantado de tódalas terras que "descubrise". Tanto a oferta do proxecto primeiro ao rei de Portugal e despois ao rei de Castela, como as condicións favorables para o descubridor, foron situacións que tamén se produciron na primeira viaxe de Colón.
A expedición estaba formada inicialmente por cinco barcos con 239 homes ao mando de Magalhães, na nave capitá, Trinidad; os outros catro barcos eran: o San Antonio, La Concepción, La Victoria e o Santiago.Fernández de Navarrete, 1837, pp. 12-22 O segundo ao mando foi o castelán Juan de Cartagena, veedor xeral (supervisor) da armada.Bernal, 2014, p. 2. Juan Sebastián Elcano, que acabaría comandando a viaxe de volta, marchou como mestre de La Concepción, que estaba baixo o mando de Gaspar de Quesada.Fernández de Navarrete, 1837, p. 17. Tamén viaxaba coa expedición Antonio Pigafetta,Fernández de Navarrete, 1837, p. 14 quen escribiría unha crónica da viaxe.
Composición da frota á súa saída de Sevilla NaveTonelaxeFernández de Navarrete, 1837, p. 3 (Capacidade de carga en toneis biscaíños).TripulaciónCapitánObservaciónsTrinidad11062Fernão de Magalhães Termina abordada polos portugueses nas Molucas, con dezasete mariños sobreviventes, tras tentar sen éxito regresar polo leste cruzando o Pacífico.San Antonio12057Juan de CartaxenaA súa tripulación sublévase no estreito de Magallanes o 1 de novembro de 1520 e retornou a Sevilla o 6 de maio de 1521.Concepción9044Gaspar de QuesadaAbandonada e queimada fronte á illa de Bohol (Filipinas), por falta de tripulación suficiente para poder facela navegar.Victoria8545Luís de MendozaA única que completou a expedición.Santiago7531Juan SerranoNaufragou o 3 de maio de 1520 no estuario do río Santa Cruz (Patagonia arxentina)239 (total)
A viaxe
Partida da expedición dereita|miniatura|Nave Vitoria 500, situada de forma permanente en Sevilla, España. A escuadra saíu de Sevilla o 10 de agosto de 1519, partindo do peirao das Mulas, no río Guadalquivir, preto do lado oeste da actual ponte de San Telmo. A frota descendeu polo Guadalquivir ata chegar á súa desembocadura, en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz), un porto do océano Atlántico. Durante as semanas seguintes, Fernão de Magalhães e os capitáns dos barcos viñeron e foron a Sevilla nas súas chalupas para atender varios imprevistos e paliar algunhas dificultades mentres se remataba de completa-las subministracións da escuadra. O propio Magalhães fixo testamento en Sevilla o 24 de agosto.Fernández de Navarrete, obra citada, pág. LIV. Citando la obra Viage alrededor del mundo por el caballero Antonio Pigafetta, gentilhombre de Vicencia, publicado por la primera vez en italiano según el manuscrito de la Biblioteca Ambrosiana de Milán, con notas, por Carlos Amoretti, uno de los bibliotecarios y doctores del colegio Ambrosiano &c. y traducido en francés por él mismo. Imp. en París el año 9, en 8ª mayor, lib. I, pág. 6 y ss..
A expedición partiu de Sanlúcar de Barrameda o 20 de setembro de 1519.Ruiz de Azúa y Martínez de Ezquerecocha, 1992 («fixéronse á mar o 20 de setembro de 1519 en Sanlúcar de Barrameda, en dirección ao Moluco»).Vilar Sánchez (2015)Laínz 2006, p. 51 («De Sanlúcar de Barrameda proseguindo a viaxe as cinco naves que zarparan ao inicio da expedición do porto de Sevilla: a Trinidad, mandada por Magalhães...»).Pigafetta 2014, p. 9
Travesía atlántica até a Patagonia Fixeron escala en Tenerife (Canarias), e a travesía do Atlántico continuou pasando por diante das illas de Cabo Verde e das costas de Serra Leoa. Despois de bordear a zona próxima á costa norte de África, a frota navegou polo Atlántico cara a América. O 3 de outubro de 1519, o tempo empeorou con vento, tormentas e correntes de auga, polo que a frota tivo que parar por medo a naufragar, navegando sen rumbo ata que pasou a tormenta. Durante estas tormentas, viron con frecuencia o lume de San Telmo, un fenómeno eléctrico atmosférico que interpretaron como un sinal divino, chegando a ver este lume como un facho pola noite na punta do mastro principal dun barco, permanecendo alí máis de dous horas. Antes de desaparecer, a luz volveuse tan intensa que durante un cuarto de hora os mariñeiros camiñaron cegos pedindo piedade.
Durante a viaxe, Juan de Cartagena, supervisor xeral da armada, xunto con outros oficiais, pediu a Magalhães ser consultado sobre tódolos asuntos relacionados coa viaxe como "persoa conxunta" segundo as instrucións do rei. Pouco despois Cartagena saúda a Magalhães desde o seu barco como "capitán" e non como "capitán xeral". Magalhães aproveitou unha reunión de todos os capitáns na Vitcoria para arrestar a Cartagena. En substitución de Juan de Cartagena, Magalhães puxo primeiro a Antonio de Coca e despois a Álvaro de Mezquita ao mando da San Antonio.
Case catro meses despois de deixar Castela, a frota achegouse ás costas de América. O 13 de decembro de 1519 tocaron terra na baía de Santa Lucía, onde hoxe se atopa Río de Xaneiro.Desde alí, seguiron a costa cara ao sur, onde atoparon unha gran canle que conducía cara ao interior. Magalhães e a frota navegaron cara ao interior pensando que atoparan a entrada ao mar do Sur, nome co que se coñecía o océano Pacífico. Despois de quince días déronse conta de que se trataba dunha entrada de trescentos quilómetros cara ao interior, a ría do Río da Prata —a máis ancha do mundo—, entre os actuais estados do Uruguai e a Arxentina. Despois da decepción, foron costeando a costa en dirección sur até o descoñecido, chegando á costa do que Magalhães chamou "Patagonia".
Sublevación durante a invernada miniatura|Monte Cristo, en bahía San Julián (Patagonia arxentina), onde Magalhães mandou erixir una cruz. O 31 de marzo de 1520, a poucos días da Antártida, buscaron refuxio nunha baía que chamaron "porto de San Julián" para pasar o inverno. As provisións estaban a esgotarse, os días facíanse máis curtos e os homes tiñan frío. Magalhães decidiu entón reducir as racións de comida. Varios capitáns e oficiais acordaron esixirlle o regreso a España. A seguir, os capitáns Gaspar de Quesada e Luís de Mendoza, xunto con Antonio de Coca e Juan de Cartagena, amotináronse contra o almirante por desacordo co mando, pretendendo regresar a España porque consideraban que a expedición fracasara, ao non atopar o paso á Mar do Sur. Entre os amotinados estaba Juan Sebastián Elcano, que no levantamento tomou o mando do barco San Antonio despois de que os rebeldes apoderaran do seu capitán, Álvaro de Mezquita.
A insurrección foi suprimida coa morte de Mendoza, capitán da Victoria. Magalhães condenou á morte a Quesada, que foi executado, e desterrou a Juan de Cartagena e ao crego Pedro Sánchez de la Reina, que foron abandonados nesas terras cando saíron. Perdoou a máis de corenta homes por ser necesarios para a expedición.Fernández de Navarrete, 1837, pp. 35-38
O 3 de maio, perdeuse a nave Santiago ao chocar contra as rochas na desembocadura do río Santa Cruz (costa arxentina). Magalhães repartiu aos superviventes da Santiago entre os restantes barcos e nomeou a Juan Serrano e Duarte Barbosa capitán da Concepción como capitán da Victoria.Fernández de Navarrete, 1837, pp. 38-39 e 41
Navegación no estreito de Magallanes miniatura|Estreito de Magallanes (mapa de Jodocus Hondius de 1606). miniatura|Mapa moderno do estreito de Magallanes.