Fleabag é unha serie de televisión británica creada, escrita e protagonizada por Phoebe Waller-Bridge, baseada nun monólogo seu que comezou a representar en 2013. Producida por Two Brothers Pictures e emitida por BBC Three e Amazon Prime Video, consta de dúas tempadas con cadanseus seis capítulos. Estreouse o 21 de xullo de 2016 en BBC Three. O derradeiro episodio da segunda tempada emitiuse o 8 de abril de 2019. A serie acadou seis Emmy e once candidaturas dos Premios Emmy do ano 2019, entre os que destacan á mellor comedia, á mellor actriz en serie de comedia e ao mellor guión, por Phoebe Waller-Bridge.
Sinopse Fleabag é unha moza londiniense directa, vital e inconformista que pasa por unha crise despois de perder a súa mellor amiga coa que montara unha cafetaría. Con diálogo co espectador, o personaxe amósanos dende o seu punto de vista a súa inestábel e frenética vida sexual e amorosa, e as complicación relacións coa súa familia.
Elenco e personaxes Principais Phoebe Waller-Bridge como Fleabag (aínda que nunca se di o seu nome no guión). Sian Clifford como Claire, a irmá de Fleabag. Andrew Scott como o cura, do que namora Fleabag (na segunda tempada).
Recorrentes Olivia Colman como a madriña de Fleabag e Claire, quen comeza unha relación co seu pai pouco despois da morte súa nai e posteriormente se converte na súa madrasta. Bill Paterson como pai de Fleabag e Claire. Brett Gelman como Martin, o home de Claire. Hugh Skinner como Harry, o ex mozo de Fleabag. Hugh Dennis como xerente do banco. Ben Aldridge como un dos amantes de Fleabag. Jenny Rainsford como Boo, a mellor amiga e socia de negocios de Fleabag. Angus Imrie como Jake, o fillo adolescente de Martin e fillastro de Claire.
Convidados Jamie Demetriou como un dos amantes de Fleabag (tempada 1). Fiona Shaw como como conselleira de Fleabag (tempada 2). Kristin Scott Thomas como Belinda, unha exitosa muller de negocios que coñece a Fleabag nunha entrega de premios presentada por Claire (tempada 2) Ray Fearon como avogado e amante de Fleabag (tempada 2). Christian Hillborg como Klare, compañeiro finés de traballo e amante de Claire (tempada 2). Jo Martin como Pam, que traballa na igrexa do cura (tempada 2).
Tempadas Tempada Capítulos Data de comezo Data de finalización 1 6 21 de xullo de 2016 25 de agosto de 2016 2 6 4 de marzo de 2019 8 de abril de 2019
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Fleabag na páxina da BBC.
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión do Reino Unido