Roi Mata (ou Roy Mata, Roymata) foi un poderoso xefe de melanesio no que hoxe é Vanuatu. Crese que viviu a finais do século XVI, ou principios do XVII,O xefe Roi Mata dominio (informe da UNESCO). aínda que outrs fontes din que reinou no século XIII

En 2008, tres sitios asociados con Roi Mata, nas illas de Efaté, Lelepa e Eretoka, engadíronse ao Patrimonio Mundial da UNESCO."Chief Roi Mata’s Domain", UNESCO.

Tumba de Roi Mata A elaborada tumba de Roi Mata, que contén os cadáveres de máis de 25 membros do seu séquito, descubriuna o arqueólogo francés José Garanger en 1967 e inscribiuse na Lista do Patrimonio Mundial en 2008. Garanger puido localizar a tumba na illa Eretoka analizando o folclore local. Segundo a lenda, cando Roi Mata conquistou a terra, o seu primeiro obxectivo foi unir as tribos para formar un exército. Sábese que o seu reinado foi pacífico. Roi Mata foi envelenado polo seu irmán. O seu corpo non foi enterrado na súa terra natal e o seu nome non se usou nas xeracións futuras porque os veciños temían o seu espírito. thumb|Mapa do dominio do xefe Roi Mata

Galería

Notas

Véxase tamén

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Vanuatu