Engracia Domingos da Silva, nada o 10 de abril de 1992 en Luanda (Angola), máis coñecida polo seu nome artístico de Pongo, é unha cantante e compositora angolana de kuduro, rap e pop.
Traxectoria miniatura|Pongo no Teatre Grec de Barcelona. Nada en Luanda, Angola, mudouse coa súa familia a Lisboa, escapando da guerra civil angolana. En Portugal, a súa nai traballo como empregada do fogar e o seu pai como albanel. Viviu nun cuarto de albergue durante cinco anos cos outros catro membros da familia, compartindo cama coas súas dúas irmás.
Durante a súa infancia en Lisboa, viviu nun barrio predominantemente branco e tivo dificultades para integrarse na sociedade, sufrindo discriminación racial na escola. O seu pai era moi estrito e non lle deixaba ter vida social a ela nin ás súas irmás. Por mor destas dificultades, cando tiña 12 anos guindouse dende o sétimo andar do edificio onde vivía, feríndose de gravidade e rompendo unha perna. Durante as fases iniciais de recuperación, non podía andar e o seu pai alcumouna M'Pongo Love, que era o nome dunha cantante congolesa moi coñecida en Angola, que durante unha época non podía andar por un tratamento ineficaz contra a polio.
De camiño a unha das sesións de fisioterapia do outro lado da cidade, nun barrio de inmigrantes africanos, Pongo coñeceu por primeira vez o grupo de kuduro Denon Squad actuando na rúa. Despois da súa recuperación, comezou a bailar co grupo e a cantar rap. Adoptou o nome artístico Pongolove, posteriormente abreviado como Pongo.
A súa participación con Denon Squad levou a coñecer o grupo Buraka Som Sistema. Actuou con eles por primeira vez en 2008 no concerto de Music Box en Lisboa. Nese mesmo ano, fíxose coñecida en Portugal pola canción "Kalemba (Wegue Wegue)", escrita e gravada por ela mesma. Esta canción formou parte da banda sonora dos videoxogos Need for Speed: Shift e FIFA 10, facéndose tamén viral en YouTube, con máis de 10 millóns de visualizacións.
Actuou con Buraka Som Sistema durante dous anos, pero deixou o grupo por disputas relacionadas cos dereitos de autoría da canción "Kalemba (Wegue Wegue)". Após que o seu pai abandoase a familia, Pongo comezou a aceptar traballos temporais para axudar a sustentar a súa familia. Porén, un día escoitou a súa canción "Wegue Wegue" na radio mentres limpaba nunha casa e decidiu volver a centrarse na súa carreira musical.
A súa volta aos escenarios acelerouse en 2018 co lanzamento do seu primeiro EP, "Baia", e en 2019 participou no festival francés Fête de la musique, diante da residencia oficial do daquela presidente Emmanuel Macron, pasando a ser coñecida como a "Diva do Kuduro". En 2020 lanzou o seu segundo EP, "Uwa" (que significa "paso" en kimbundu, unha das linguas oficiais de Angola). En 2020 Pongo gañou o premio Music Moves Europe Talent.
Discografía Álbums ÁlbumsAnoDetalles2018Baia Lanzado o 11 de setembro de 20182020Uwa Lanzado o 7 de febreiro de 2020
Notas
Categoría:Cantantes de Angola Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Luanda