Michael Lamar Porter Jr., nado o 29 de xuño de 1998 en Columbia, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Porter Jr. foi escollido na 14ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Denver Nuggets. O 3 de xullo de 2018, Porter Jr. asinou o seu contrato de rookie cos Nuggets. Tras un ano sen xogar por unha operación nas costas, Porter Jr. debutou na NBA o 31 de outubro de 2019, facendo 15 puntos na derrota dos Nuggets por 107–122 contra os New Orleans Pelicans.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets