De'Anthony Melton, nado o 28 de maio de 1998 en North Hollywood, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Melton foi escollido na 46ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Houston Rockets. O 31 de agosto de 2018, foi traspasado xunto a Ryan Anderson ós Phoenix Suns, a cambio de Brandon Knight e Marquese Chriss. O 21 de setembro de 2018, Melton asinou o seu contrato de rookie cos Suns.
O 7 de xullo de 2019, Melton foi traspasado xunto a Josh Jackson, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021 ós Memphis Grizzlies, a cambio de Jevon Carter e Kyle Korver. O 22 de novembro de 2020, Melton asinou cos Grizzlies un novo contrato por catro anos.
Durante a noite do Draft de 2022, os Grizzlies traspasaron a Melton ós Philadelphia 76ers a cambio de Danny Green e os dereitos do Draft de David Roddy.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers