Space Technology Research Vehicle, tamén coñecidos polo seu acrónimo, STRV, foi unha serie de satélites experimentais do Reino Unido logo.
Características Os satélites STRV eran satélites experimentais construídos pola Axencia de Investigación de Defensa (DRA) para o Ministerio de Defensa do Reino Unido. Lanzáronse catro STRV en dúas parellas, a primeira (STRV 1A e STRV 1B) o 17 de xuño de 1994 a bordo dun Ariane 4 e a segunda (STRV 1C e STRV 1D) o 16 de novembro de 2000 a bordo dun Ariane 5.
Tiñan forma cúbica, cuns 50 cm de lado, e unha masa duns 100 kg. Foron inxectados en órbitas de transferencia xeoestacionaria para, entre outras cousas, estudar novas tecnoloxías á altura da órbita xeoestacionaria. Levaban a bordo experimentos tanto da Organización de Defensa de Mísiles Balísticos (BMDO), como da ESA, da DRA e de varias universidades.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoCentro de lanzamentoNomeFoguete lanzadorNotas117 de xuño de 1994Centro Espacial de KourouSTRV 1AAriane 4217 de xuño de 1994Centro Espacial de KourouSTRV 1BAriane 4316 de novembro de 2000Centro Espacial de KourouSTRV 1CAriane 5416 de novembro de 2000Centro Espacial de KourouSTRV 1DAriane 5
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centro Espacial de Kourou Ariane 4 Ariane 5
Categoría:Satélites artificiais