Kikí Dimulá (en grego: Κική Δημουλά) nada en Atenas o 6 de xuño de 1931 e finada na mesma cidade o 22 de febreiro de 2020 foi unha poetisa grega, membro da Academia de Atenas dende o 2002 até a data do seu pasamento. En vida, chegou a ser considerada unha das maiores voces da literatura grega contemporánea.

Traxectoria Vasilikí Radú (Βασιλική Ράδου, máis tarde Kikí Dimulá) naceu en 1931 na capital grega.Eurobabel Despois de remata-lo bacharelato, en 1949, comezou a traballar no Banco da Grecia, seguindo a tradición familiar do seu pai e dous tíos, oficio que mantivo até o seu retiro vinte e cinco anos despois.

O 15 de xuño de 1950 a prestixiosa revista literaria Nea Hestia publicou dous dos seus poemas baixo o nome de Kikí Chr. Radú. En 1952, como agasallo para o día da súa onomástica, o seu tío Panaiotis Kalamariotis ofreceulle o pagamento dunha edición privada da súa poesía, titulada Poemas. Pronto rexeitou discretamente este poemario, que non foi incluído nunha obra homónima, publicada o 1998, cuxos poemas eran outros. En 1954 casou co enxeñeiro civil e poeta, Áthos Dimulás, que coñecera en 1945. Dimulá sempre expresou que foi a súa unión con el a que a forxou coma poeta. Con Dimulás, falecido en 1985, tivo un fillo e unha filla.

A partir de 1959 participou no comité de redacción da revista literaria Ho Kyklos (en galego O círculo), escrita por empregados do Banco da Grecia. Alí publicou contos, que posteriormente foron compilados en libro en 2005.

Dimulá entrou na Unidade de Vixilancia Intensiva o 2 de febreiro de 2020 debido a unha insuficiencia respiratoria crónica que sufriu. Faleceu vinte días despois, o 22 de febreiro, por paro cardíaco. Foi inhumada o 25 de febreiro no Primeiro Cemiterio de Atenas, con honras públicas. Á cerimonia acudiron representantes do mundo das letras e das artes, familiares, e membros da clase política, entre eles o presidente da República e o primeiro ministro gregos. O seu pasamento tivo lugar tan só un mes despois que tamén falecera outra grande poetisa grega, Katerína Angueláki-Rooke.

A poesía de Dimulá Níkos Dimú afirma que a poesía de Dimulá é unha poesía sen obxecto, porque o seu obxecto é o nada; o seu suxeito é o paso, progresivo ou súbito, do ser ó non-ser, este paso chamado tempo, desgaste ou morte."… A poesía de Kiki Dimulá [...] é poesía sen obxecto. Literalmente. A poesía de Dimulá non ten sentido, porque o seu obxecto é o nada. / Para ser máis precisos: non tanto a nada en si (que poderiamos escribir sobre iso?), senón a súa presenza na nosa vida, a nosa relación con ela. O tema único de Dimulá é a transición, progresiva ou repentina, do ser ao non ser. Esta pasaxe que se chama tempo, desgaste ou morte. Os críticos sitúana nunha xeración de posguerra, tamén chamada intermedia porque fica entre os anos 30 e os primeiros anos 70 do século pasado. Porén, Dimulá refusa a adscrición a calquera xeración ou corrente literarias, máis aló dunha mera referencia cronolóxica.Dimulá rexeitou explicitamente a adscrición xeracional, na que non ve máis que unha referencia cronolóxica: "Imaxino", engade, "que se pertencese a outra xeración, escribiría do mesmo xeito". En calquera caso, é a voz máis representativa da súa xeración poética, na que chama a atención a presenza de mulleres como Katerina Anghelaki-Rooke, Zefi Daraki, Roula Alabera, Maria Kentro Agathopulu, Nana Isaia e Amalia Tsaknia.

Á hora de clasifica-lo xénero poético cultivado por ela, considerouse próximo ó dos poetas metafísicos ingleses do século XVII , Donne, Herbert ou Andrew Marvell,"No exterior, o que vexo máis de preto son os poetas metafísicos ingleses do século XVII. Os que "viron o cranio debaixo da pel", como dixo T.S. Eliot nos seus "Susurros de inmortalidade". / Algúns versos de Kiki Dimoula puideron ser escritos por Donne, Herbert ou Marvell." ou a estadounidense Emily Dickinson."Se os poetas metafísicos son os devanceiros de Kiki Dimoula (aínda que ela non os coñece), a estadounidense Emyly Dickinson é a súa irmá espiritual. Estraño: cando a nada quere falar agora elixe ás mulleres. Sen dúbida son máis atrevidas que os homes." Dimulá, porén, ten unha voz de seu, radicalmente independente e difícil de clasificar dentro de calquera movemento ou tendencia literaria ou poética. O seu tradutor ó francés, Michel Volkovitch, descríbea coma un "electrón libre"."Con Dimoula, todo é diferente. Non ten ascendencia visible nin descendencia detectable. É un electrón libre, unha voz incrible e a súa poesía mostra unha sorprendente liberdade, unha independencia fronte á "poética" oficial. Eurydice Trichon-Milsani, tamén a súa tradutora a ese idioma, considéraa sen precedentes e, moi probablemente, sen epígonos tampouco."A poesía de Kiki Dimoula creou unha revolución na historia da literatura helénica. Separada das grandes correntes líricas das que Odiseo Elítis (Premio Nobel 1979) é o exemplo máis famoso, allea á misteriosa sinxeleza de Georges Seferis (Premio Nobel 1963), ó prosaísmo de Ritsos, pero tamén ó sacrosanto simbolismo kavafiano. practicado na Grecia, parece illada, sen precedentes. Tamén podemos imaxinar que non terá epígonos. Como calquera inventora dunha verdade, non irá á escola. As súas imaxes inesperadas, o seu vocabulario cheo de neoloxismos, as súas fantasías sintácticas, os seus xiros extravagantes, non poderían ser imitados polos poetas máis que facendo no mellor dos casos, Dimoula."

Se algo caracteriza a poesía de Kikí Dimulá é o uso extremo e mesmo acrobático da linguaxe e das palabras. O crítico Níkos Dimú chámaa unha anarquista das palabras, unha poetisa que —ó estar aterrorizada pola existencia— tamén aterroriza a linguaxe."Dimoula fai cousas coa lingua que ningún poeta grego se atrevera a facer. Cambia a identidade das palabras, os adxectivos convértense en verbos e os adverbios de substantivos. Anarquista das palabras, vingase da lingua por toda ausencia, toda soidade, todo medo inflixido pola vida. Terrorizado pola existencia, Dimoula aterra a linguaxe. Ademais, só un dialecto así pode expresar a nada." Isto non a priva de estar preto do lector e de ter unha inmensa popularidade no seu país."…durante unha primeira aproximación, un grego moderadamente cultivado non se enfronta aquí a ningún tipo de exotismo. Mirando polos seus versos, todo parece familiar, próximo, séntese como en casa. Esta é unha das razóns polas que Dimoula é tan popular no seu país."

Trátase dunha autora non demasiado prolífica (unha ducia de poemarios, non demasiado extensos, ó longo duns sesenta anos de actividade poética)."O que significa que a súa poesía xorde do máis profundo do seu ser e só cando ten algo que dicir e unha necesidade convincente de dicilo." O título do seu poemario Το λίγο του κόσμου (en galego, O case nada do mundo ) apunta xa a ese gusto polo insignificante, polo humilde, as cousas sinxelas.

Premios e recoñecementos

1972: Segundo Premio Nacional de Poesía polo poemario Το λίγο του κόσμου [O case nada do mundo] 1988: Premio Nacional de Poesía por Χαίρε ποτέ [Salve!, oh xamais] 1995: Premio da Fundación Uranis da Academia de Atenas polo poemario Η εφηβεία της λήθης [A adolescencia do esquecemento] 2001: Premio Aristeion das letras da Academia de Atenas en recoñecemento á totalidade da súa obra 2002: Elixida membro de pleno dereito da devandita institución, Orde das Letras, onde ocupou o asento que ficou vacante despois da morte do home de letras Nikiforos Vrettakos (canda Galateia Sarandi en 1997 e a especialista en bizantinismo Anxelikí Laiú en 1998, foi a terceira muller a facelo nesta academia estabelecida oficialmente na década de 1920) 2010: Premio Europeo de Literatura, concedido pola Asociation Capitale Européenne des Littératures (ACEL), de Estrasburgo 2011: Gran Premio Nacional á obra de toda unha vida, o premio literario máis distinguido da Grecia 2014: Gran Cruz da Orde da Fénix (Τάγμα του Φοίνικος) 20 de maio de 2015: condecorada doutora honoris causa pola Facultade de Teoloxía da Universidade Aristotélica. 6 de xuño de 2017: tamén o departamento de Lingua e Literatura Inglesas da Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas condecóraa co título de doutora honoris causa.

Obra

Poesía

Ποιήματα [Poemas] 1952 [Ρεβος [Érebo] 1956, Στιγμή 1990 Ερήμην [En ausencia] Δίφρος 1958, Στιγμή 1900 Επί τα ίχνη [Seguindo o rastro], Φέξης 1963, Στιγμή 1989 Το λίγο του κόσμου [O case nada do mundo] 1971, 1983 εφέλη 1983, Στιγμή 1990 Ο τελευταίο σώμα μου [O meu derradeiro corpo], 1981, είμενα 1981, Στιγμή 1989 Χαίρε Ποτέ [Salve!, oh xamais], Στιγμή 1988 Η εφηβεία της λήθης [A adolescencia do esquecemento], Στιγμή 1994 Unνός λεπτού μαζί [Minuto de unión], Ίκαρος 1998 Ποιήματα (Συγκεντρωτκή έκδοση) [Poemas, edición completa], Ίκαρος 1998 Ήχος Απομακρύνσεων [Ruído das distancias], Ίκαρος 2001 Χλόη θερμοκηπίου [Herba de invernadoiro], 2005 Ίκαρος 2005 Μεταφερθήκαμε παραπλεύρως [Mudámonos para a casa ó lado], Ίκαρος 2007 Α εύρετρα [Os achados] 2010 Δημόσιος Καιρός [Tempo público] 2014

Prosa

Ο Φιλοπαίγμων μύθος [Un mito brincador] Ίκαρος 2004 (Ομιλία κατά την τελετή αναγόρευσής της ως μέλους της Ακαδημίας Αθηνών) [Discurso de ingreso á Academia de Atenas] Εκτος σχεδίου [Fóra do programa], Ίκαρος 2005 ( πεζά κείμενα ) [Obras en prosa] Συνάντηση Γιάννης Ψυχοπαίδης, Κική Δημουλά [Cita con Iannis Psikhopedis, Kikí Dimulá], Ίκαρος 2007 (Ανθολογία με ζωγραφικά σχόλια του Γιάννη Ψυχοπαίδη) [Antoloxía con comentarios sobre a obra pictórica de Iannis Psikhopedis]

A poesía de Kikí Dimulá foi traducida a distintos idiomas coma o inglés, alemán, sueco, francés, catalán, castelán, italiano, polonés e búlgaro. En Grecia, numerosos manuais escolares inclúen fragmentos da súa obra. O seu estilo é considerado un pouco complicado por estar atestado de experimentacións coa linguaxe: palabras raras, paráfrases, metonimias, neoloxismos (adoito de creación propia) e arcaísmos. Os seus mellores poemas, moi populares, con certeza non se poden musicar doadamente; secasí, algúns deles xa foran maxistralmente musicados por grandes artistas gregos como Thanos Mikrútsikos e Mános Xydous.

Proposición oficial ó Premio Nobel de Literatura Nunha carta dirixida á Academia Sueca, coa data do 16 de xaneiro de 2020, a ministra de Cultura e Deporte da Grecia, Lína Mendóni, propuxo a poetisa para o Premio Nobel de Literatura.

Segundo a edición en liña do xornal ateniense Ta Nea, nun artigo con data do 23 de febreiro daquel ano, un día despois do pasamento de Dimulá, fora con motivo da súa morte que o Ministerio de Cultura anunciou o nomeamento malia que o Premio Nobel de Literatura só se concede a persoas vivas.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Eurobabel: Association Capitale Européenne des Littératures (EUROBABEL) «Biographie» . Prix Européen de Littérature 2009 - Kiki Dimoula. Association Capitale Européenne des Littératures (EUROBABEL) [Strasbourg], 2014

Ligazóns externas Atenas - Kikí Dimulá (arquivo documental ERT)

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Finados en 2020 Categoría:Escritores de Grecia Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Escritores en lingua grega moderna Categoría:Poetas en lingua grega