Hilario Arroyo Maestre,Segundo algunhas fontes o seu nome era Hilario Arroyo Medina coñecido como Moreno, nado en Roa (Burgos) en 1908, foi un mineiro, sindicalista anarquista e guerrilleiro español.

Traxectoria Instalado en Lousame, foi presidente do Sindicato Minero y Profesiones Varias nas minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Cando A Coruña caeu definitivamente, vírono no Mesón do Vento con Enrique Fernández Maneiro e Abdón de Ces. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.El Pueblo Gallego, 30-1-1937, p. 8. Fuxiu ao monte. Foi xulgado na Coruña por rebelión e declarado en rebeldía. Estivo agochado nos montes de Lousame, Padrón e Boiro. Formou parte do grupo guerrilleiro de Ramón Rodríguez Varela "Curuxás". En 1940 presentouse ás autoridades.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Breve historia da coluna Sanfins

Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (A)

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Guerrilleiros antifranquistas

Categoría:Nados en Roa

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en ano descoñecido