A guerra civil de Perusia ou guerra de Perusia (tamén coñecida como Bellum Perusinum) foi unha guerra civil entre distintas faccións da república romana, que transcorreu entre o ano 41 a.C. e o 40 a.C. Enfrontou a Lucio Antonio e Fulvia, co apoio de Marco Antonio, contra o seu inimigo político (e futuro emperador Augusto), Octaviano e os seus xenerais, Quinto Salvidieno Rufo e Marco Vipsanio Agripa.
Historia Fulvia, quen casara con Marco Antonio durante a guerra civil, sentiu que o seu marido debía gobernar Roma en solitario, no canto de compartir o poder cos outros dous triunviros, en especial Octaviano. esquerda|miniatura|Movementos das lexións aliadas de Octavio no conflito durante o ano 41 a. C. ata o asedio da cidade de Perusia. Fulvia e o irmán máis novo de Marco Antonio, Lucio, recrutaron oito lexións en Italia.Brice 2014, p. 45 O exército estableceuse en Roma durante un breve tempo, aínda que logo tivo que replegarse á cidade de Perusia (a actual Perugia). Durante o inverno do 41-40 a.C., o exército de Octaviano, tras un longo asedio, conquistou a cidade que finalmente se rendeu por mor da fame. Nin Fulvia nin Lucio morreron no asedio; a primeira, foi exiliada a Sición e o segundo foi enviado a gobernar unha provincia de Hispania. O resto da poboación da cidade foi masacrada polos soldados de Octaviano.
Fulvia morreu no 40 a.C., e coa súa morte retornou a paz entre Marco Antonio e Octaviano coa firma do tratado de Brindisi. A paz, con todo, durou moi pouco, xa que outra guerra civil estalou oito anos máis tarde.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Marco Antonio
Categoría:-40 Categoría:-41 Categoría:Guerras civís Categoría:Historia de Italia Categoría:Guerras do século -I Categoría:Guerras da República Romana