Os Premios de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo Uviguala, outórganse as persoas que destaquen por facer alguna actividade a prol da igualdade. Edicións
O Premio Uviguala 2025 recoñece ás técnicas especialistas da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro e impulsoras do «Espazo violeta», Alejandra Babarro Nóvoa, Alba Portela Santos e Mercedes Pérez Gómez. No ano 2024 o XII premio outorgouse ás docentes e investigadoras do Campus de Vigo promotoras da actividade ElasFanCienTec, un programa de obradoiros impulsado no ano 2017 por Soledad Torres Guijarro, Verónica Salgueiriño Maceira e Ana Mejías Sacaluga para promover as vocacións femininas no ámbito das disciplinas CTEM.
En 2023 foi recoñecida co XI premio a integrante do PAS, Rosa Graña Costas, polo seu traballo integrando a perspectiva de xénero como xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos. En 2022 a antiga alumna Ángela González Garrido foi recoñecida co X Premio Uviguala da UVigo. En 2021 as profesoras Alma Gómez, Julia Carballo e Nieves Lorenzo, responsables de Exxperimenta en feminino, foron galardoadas co IX Premio Uviguala da UVigo. En 2020 a Delegación de Alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación recibiu o VIII Premio Uviguala da UVigo. En 2019 Anabel Penín López recibiu o VII Premio Uviguala da UVigo. En 2018 o Duvi recibiu o Premio VI Uviguala de Uvigo. En 2017 a profesora María Álvarez Lires recibiu o V Premio Uviguala da Uvigo. En 2016 a asociación universitaria AUCE recibiu o IV Premio Uviguala. En 2015 o persoal de administración e servizos María Teresa Díaz, Raquel Iglesias e David Basalo recibiron o III Premio Uviguala da Uvigo. En 2014 as profesoras Purificación Mayobre Rodríguez e a Beatriz Suárez Briones recibiron o II Premio Uvigula da Uvigo. En 2013 o Servizo de Deportes recibiu o I Premio Uviguala da Uvigo.
Notas
Categoría:Universidade de Vigo Uviguala