Haika (do éuscaro levantarse, porse en pé) foi unha organización xuvenil socialista abertzale de Euskal Herria, que comprende os territorios de Euskadi, Navarra e Iparralde. Foi ilegalizada no Estado español, mais non no francés. Fundouse en 2000, trala fusión de Jarrai, que actuaba en Euskadi e Navarra, con Gazteriak, en Iparralde. Ambas organizacións asumían un papel referencial na mocidade abertzale de Euskal Herria, cunha militancia fortemente cohesionada. Pola súa parte, Gazteriak socializárase politicamente á marxe das diferenzas históricas do movemento abertzale.Igor Ahedo Gurrutxaga (2004). Pasado y presente del nacionalismo en Iparralde. Bilbao: Manu Robles-Arangiz Institutua. ISBN 84-688-6340-8.

En 2001, o xuíz Baltasar Garzón considerou a organización como canteira de militantes de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e parte da estrutura da mesma, polo que foi ilegalizada. A súa continuadora foi Segi, tamén ilegalizada en España e non en Francia.

O 19 de xaneiro de 2007, o Tribunal Supremo declarouna "organización terrorista vinculada a ETA". Corrixía así a sentenza da Audiencia Nacional de xuño de 2005, que considerara a organización como «asociación ilícita».El Supremo enmienda a la Audiencia Nacional y considera terroristas a Jarrai-Haika-Segi, Noticias de Navarra, 20 de enero de 2007.

O 4 de febreiro de 2007 entregáronse á Ertzaintza 18 dos 19 membros de Jarrai, Haika e Segi fuxidos da xustiza desde a declaración do Tribunal Supremo. Sucedeu despois dun acto no Frontón da Esperanza de Bilbao.Ingresan en la cárcel de Basauri los 18 prófugos de Jarrai detenidos hoy por la Ertzaintza, 20 minutos, 4 de febrero de 2007.

Notas

==Véxase tamén

Ligazóns externas

Jarrai-Haika-Segi, El Mundo.

Categoría:Organizacións políticas de Navarra Categoría:Organizacións políticas do País Vasco Categoría:Mocidades políticas de España