Herbert Appold Grueber, nado en 1846 e finado en Bembridge, illa de Wight, o 21 de novembro de 1927, foi un numismático británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Traxectoria Herbet A. Grueber naceu en 1846, fillo do vicario de Hambridge, Somerest. Na súa adolescencia recibiu educación privada e posteriormente estudou leis no Middle Temple, onde se graduou o 27 de maio de 1868.Foster, J. (1885). "Grueber, Herbert Appold". En Men at the bar. Hazel, Watson and Viney, Londres.Brooke, G. C. (1927). Páxina 388.
Durante case cinco décadas estivo vinculado profesionalmente ao Museo Británico, ata a súa xubilación en 1912. Aos 20 anos ingresou na súa área administrativa e de camiño se trasladou ao Departamento de Moedas e Medallas, do que foi nomeado conservador axudante en 1893 e conservador titular en 1906."Herbert Appold Grueber". The British Museum. Neste departamento confeccionou e publicou practicamente todas as súas obras, entre elas varios volumes da serie British Museum Catalogues of Coins.
Grueber foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en cuxo se ocupou da secretaría do fondo para as exploracións en Exipto. Tamén formou parte da Royal Numismatic Society, na que ocupou os cargos de secretario honorífico (1874-1909), vicepresidente (1909-1911) e editor da súa revista, Numismatic Chronicle (1885-1912), na que publicou abundantes artigos.Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1988). A History of the Royal Numismatic Society. Royal Numismatic Society, Londres. Páxinas 5, 13, 16-18, 20, 22, 25-26, 29-30, 62. ISBN 0 901405 24 8.Brooke, G. C. (1927). Páxina 389.
Grueber finou o 21 de novembro de 1927 en Bembridge, na illa de Wight, onde residira os 15 derradeiros anos da súa vida, logo do seu retiro.
Recoñecementos
(1909): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Estes son os traballos monográficos publicados por Herbet A. Grueber ao longo da súa carreira:"Grueber, Herbert Appold 1846-1927 ". Digital Library Numis."Grueber, Herbert A. (Herbert Appold) 1846-1927". WorldCat Identities."Bibliography of the Chief Works of Herbert A. Grueber". En Brooke, G. C. (1927). Páxina 390.
(1874). Roman medallions in the British Museum. H. A. Grueber. (1881). A guide to the English medals exhibited in the King's Library. British Museum, Londres. (1885). Medallic illustrations of the history of Great Britain and Ireland to the death of George II (con E. Hawkins e A. W. Franks). Volume I / Volume 2. British Museum, Londres. (1891). A guide to the exhibition of English medals. British Museum, Londres. (1893). Catalogue of English coins in the British Museum. Anglo-Saxon series. Vol. 2: Wessex and England to the Norman Conquest (con C. F. Keary). British Museum, Londres. (1899). Handbook of the coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. British Museum, Londres. (1910). Coins of the Roman Republic in the British Museum. British Museum, Londres. Vol. 1. Aes rude, aes signatum, aes grave, and coinage of Rome from B.C. 268. Vol. 2. Coinages of Rome (continued), Roman Campania, Italy, The social war and the provinces. Vol. 3. Tables of finds and cognomina, indexes, plates, etc.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brooke, G. C. (1927). "Herbert Appold Grueber". En The Numismatic Chronicle. Vol. 7. Nº 28. Páxinas 388-390.
Ligazóns externas
Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes