Théodore Reinach, nado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de xullo de 1860 e finado en París o 28 de outubro de 1928, foi un arqueólogo, numismático, historiador, xurista, filólogo, epigrafista, musicólogo e político francés."Reinach, Théodore". Deutsche Biographie.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Théodore Reinach foi o máis novo dos tres fillos de Hermann-Joseph Reinach e de Julie Büding, unha familia xudía de banqueiros orixinaria de Argovia, en Suíza, que fixera fortuna coa explotación dunha empresa ferroviaria. Os tres irmáns, Joseph, Salomon e Théodore, foron destacados eruditos en diversas áreas do coñecemento,Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxina 209. motivo polo cal foron alcumados como os irmáns Je-Sais-Tout ("Seino Todo"), tendo en conta que as súas iniciais formaban "J S T"."Reinach Salomon et Théodore". Académie des inscriptions et belles-lettres.
Logo de recibir a primeira educación dun preceptor, na súa adolescencia estudou no Lycée Condorcet, coas mellores cualificacións da súa promoción, e posteriormente ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de París, onde acadou os títulos de doutor en Dereito (1885) e en Letras (1890)."Nom de l'auteur: REINACH (Théodore)". Ressources numériques en histoire de l'éducation. Tamén completou os seus estudos como alumno da Escola Práctica de Altos Estudos.Glotz, G. (1928). Páxina 321.
Carreira académica miniatura|254x254px|Autorretrato de Théodore Reinach arredor dos 20 anos. De 1881 a 1886 foi un avogado adscrito ao Colexio de Avogados de París. En 1890 foi enviado a Constantinopla nunha misión arqueolóxica e a partir desa viaxe especializouse na historia da Antiga Grecia. En Delfos descifrou a notación musical dun antigo himno a Apolo, de cuxa transcrición en partitura se ocupou o seu amigo Gabriel Fauré.Reinach, T.; Fauré, G. (1894). Hymne á Apollon. Bornemann, París."Théodore Reinach". Discography of American Historical Recordings."Reinach, Théodore". IMSLP. Petrucci Music Library.
Entre 1888 e 1907 foi redactor xefe da revista Revue des études grecques.Glotz, G. (1928). Páxina 325.
Como docente, entre 1894 e 1896 impartiu clases de Numismática na Sorbona, e a partir de 1903 ensinou Historia das Relixións na École pratique des hautes études desa universidade. En 1924 ingresou como profesor de Numismática no Colexio de Francia.Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxinas 209-210.
Entre outras institucións académicas, en 1905 presidiu a Sociedade de Lingüística de París e en 1909 foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres. Tamén foi membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, e da American Numismatic Society, de Nova York."Théodore Reinach". The British Museum.Charle, C.; Telkès, E. (1988). Páxina 210.
O seu interese pola historia dos xudeus levouno a ingresar na Sociedade de Estudos Xudeus, da que foi secretario xeral en 1899. Reinach traduciu as obras do historiador xudeu-grego Flavio XosefoFlavius Josephe. Contre Apion. Texte établi et anoté par Thèodore Reinach. Les Belles Letres, París. 1930.Véxase (1900-1929) en "Publicacións - Director editorial". e publicou unha historia do pobo xudeu titulada Histoire des Israélites. Tamén foi un dos fundadores da Unión Liberal Israelita.Véxase (1885) en "Publicacións".
Carreira política A partir de 1898 comezou a pasar longas tempadas en Savoia, onde decidiu instalarse, e en 1901 adquiriu un castelo do século XVIII preto de La Motte-Servolex, que restaurou e decorou con estilo Lois XIII. Esta vasta propiedade foille legada ao Departamento de Savoia en 1936 e desde entón coñécese como Domaine Reinach, dedicada a escola pública de agricultura."Présentation du parc et du Château Reinach". Reinach.fr
Desde a súa nova residencia de Savoia 1903 lanzou un xornal para dar voz á súa tendencia política a favor dos republicanos, titulado Le Démocrate savoisien, e en 1922 cambiou a súa cabeceira a Réveil des Gauches. En 1906 foi elixido deputado por Savoia (primeira circunscrición de Chambéry) baixo as siglas do Bloque Republicano e resultou reelixido nas eleccións de 1910, aínda que non foi así en 1914. Neste período como deputado na Asemblea Nacional preocupouse destacadamente polos temas culturais, na súa condición de membro da Comisión de Ensino e Belas Artes."Théodore Reinach". Assemblée Nationale. miniatura|300x300px|Retrato de Fanny Thérèse Reinach, segunda muller de Théodore Reinach.
Vida persoal O 16 de marzo de 1886, Théodore Reinach casou con Charlotte Marie Evelyne Hirsch-Kann (1863-1889), con quen tivo dúas fillas. Logo do falecemento da súa primeira esposa casou en segundas nupcias o 31 de xaneiro de 1891 con Fanny Thérèse Reinach (1870-1917), con quen tivo catro fillos varóns.
A residencia Villa Kérylos Xa á fin da súa carreira política, Reinach trasladouse coa súa familia a Beaulieu-sur-Mer, nos Alpes Marítimos, preto da propiedade dos Ephrussi de Rothschild, en Saint-Jean Cap Ferrat, onde vivía Maurice Ephrussi, casado cunha das súas curmás. Alí, Reinach encargoulle ao arquitecto Emmanuel Pontremoli a construción, entre 1902 e 1908, de Villa Kérylos, a recreación dun luxoso palacio da Grecia Antiga. O conxunto arquitectónico tivo un custo de nove millóns de francos. Á súa morte o 28 de outubro de 1928, Théodore Reinach legou a Villa Kérylos ao Instituto de Francia.Von Bothmer, D. (1998). "La villa grecque Kérylos, domaine d’un collectionneur". En Comptes rendus de l'Académie des inscriptions et belles-lettres. Páxinas 527-553 miniatura|Un dos corredores de Villa Kérylos. Os seus fillos e netos residiron alí ata a súa transformación en museo en 1967. Un dos seus fillos, Léon (1893-1943) converteuse en conservador de Villa Kérylos. El e a súa familia foron vítimas dos nazis, que asaltaron a propiedade e roubaron os cadros, a biblioteca e os arquivos relativos á construción do edificio.
Recoñecementos
(1891): Premio Bordin, da Academia Francesa."Théodore Reinach". Académie Française. Prix de l'Académie. (1916): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1920): Oficial da Lexión de Honra.
Publicacións Esta é unha listaxe dos traballos monográficos publicados por Théodore Reinach ao longo da súa carreira:"Reinach, Théodore 1860-1928 ". Digital Library Numis."Reinach, Théodore 1860-1928". WorldCat Identities.
Autor
(1880). L'université de Madrid. Hachette, París. (1885). Histoire des Israélites. Hachette, París. (1885). De l'état de siège. Etude historique et juridique. Pichon, París. (1887). Les monnaies juives. Lawrence & Bullen. Leroux, París. (1888). Essai sur la numismatique des rois de Bithynie. Rollin & Feuardent, París. (1888). Essai sur la numismatique des rois de Pont. Rollin & Feuardent, París. (1888). Numismatique ancienne. Trois royaumes de l'Asie Mineure. Cappadoce-Bithynie-Pont. Rollin & Feuardent, París. (1890). Mithridate Eupator, roi de Pont. Firmin-Didot, París. [Premio Bordin da Academia Francesa (1891)]. (1890). De Archia poeta. Thesim proponebat facultati litterarum Parisiensi. Leroux, París. (1893). Les origines du bimétallisme. Étude sur la valeur proportionnelle de l'or et de l'argent dans l'antiquité grecque. Rollin & Feuardent, París. (1895). Textes d'auteurs grecs et romains relatifs au judaïsme. Leroux, París. (1898). Recueil des inscriptions juridiques grecques (con R. Dareste e B. Haussoullier). Leroux, París. (1901). Charles de Valois et les Juifs. (1902). L'histoire par les monnaies. Essais de numismatique ancienne. Leroux, París. (1903). Jewish coins. Lawrence & Bullen, Londres.
(1904-1912). Recueil général des monnaies grecques d'Asie mineure (con E. Babelon e W. H. Waddinton). Leroux, París. (1904). T. 1. Fasc. 1: Pont et Paphlagonie. (1908). T. 1. Fasc. 2: Bithynie (jusqu'à Juliopolis). (1910). T. 1. Fasc. 3: Nicée et Nicomédie. (1912). T. 1. Fasc. 4: Prusa, Prusias, Tius. (1905). Papyrus grecs et démotiques recueillis en Egypte. Leroux, París. (1911). L'anarchie monétaire et ses remèdes chez les anciens Grecs. Imprimerie Nationale, París.
Director editorial
(1900-1929). Œuvres complètes de Flavius Josèphe (ed.). Leroux, París. (1900). Tome I: Antiquités Judaïques. Livres I-V. (1926). Tome II: Antiquités Judaïques. Livres VI-X. (1904): Tome III: Antiquités Judaïques. Livres XI-XV. (1929): Tome IV: Antiquités Judaïques. Livres XVI-XX. (1911). Tome V: Guerre des juifs. Livres I-III. (n/d). Tome VI: Guerre des juifs. Livres IV-VII. (1902). Tome VII: De l'anciennité du peuple juif.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Cagnat, R. (1931). "Notice sur la vie et les travaux de M. Théodore Reinach". En Comptes rendus des séances de l’Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 75-4. Páxinas 374-393. Callatay, F. (2008). "Théodore Reinach, entre histoire ancienne et engagements contemporains". En Bash, S. et al. Les Frères Reinach. Bocard, París. Páxinas 61-76. Charle, C.; Telkès, E. (1988). "Reinach (Théodore)". En Les professeurs du Collège de France: dictionnaire biographique 1901-1939. Páxinas 209-211. Dussaud, R (1928). "Théodore Reinach". En Syria. Páxina 364. Glotz, G. (1928). "Éloge funèbre de M. Théodore Reinach, membre de l'Académie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 72-4. Páxinas 321-326. Jamot, P. (1928). "Théodore Reinach". En Gazette des beaux-arts. T. 2. Páxinas 233-240. Jolli, J. (1977). "Reinach (Théodore)". En Dictionnaire des parlementaires français. París. T. VIII. Páxina 2.816.
Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Nados en Saint-Germain-en-Laye Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Xuristas de Francia Categoría:Deputados de Francia Categoría:Filólogos de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Epigrafistas Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Profesores da Universidade de París Categoría:Franceses de ascendencia alemá Categoría:Xudaísmo en Francia