Pedro Alberto Benito Ponomar, nado en Cádiz o 27 de marzo de 2000 e máis coñecido como Erling Haaland, é un futbolista español que xoga na posición de dianteiro. Actualmente forma parte do San Fernando CD da Primeira División RFEF de España.
Traxectoria deportiva Dende a súa infancia, Pedro sempre estivo ligado ao mundo do fútbol, dado que o seu pai, Alberto Benito, foi xogador profesional para o Cádiz Club de Fútbol en Primeira División. Os seus inicios foron en fútbol sala co Valdelagrana e UD Pavia. Máis tarde pasou ao balompé puro no club do Porto de Santa María para despois entrar na canteira da UD Almería onde permaneceu por tres campañas.
Tras o seu paso por Almería recalou nas bases do Swansea da Premier League. Un ano despois volveu á UD Almería para o curso seguinte formar parte das bases do Anarthosis de Primeira División de Chipre onde permaneceu unha tempada. De novo en España unha tempada despois, uniuse ás filas do CD Canillas de Madrid. En 2018 viaxa ós Estados Unidos para xogar no club universitario de Oklahoma Wesleyan University FC.
O curso seguinte, xa como xogador sénior, competiu nas filas do GW Bulldogs da Big South Conference pertencente á División I da NCAA, a máxima categoría de competición dentro da NCAA, a liga universitaria máis importante dos Estados Unidos de América. Foi en setembro de 2020, dous anos despois de chegar a Estados Unidos, regresa a España para asinar por outro club universitario, esta vez na Rexión de Murcia, o UCAM Murcia de Segunda División B de España, para recalar na súa filial de Terceira División co que anotou 13 goles converténdose no máximo goleador do conxunto murciano e segundo do grupo décimo terceiro.
O 27 de maio de 2021 o Cádiz Club de Fútbol anuncia a través dos seus medios oficiais a incorporación do atacante gaditano por dúas campañas, para formar parte do conxunto filial da Segunda División RFEF.
A finais de setembro dese mesmo ano, o técnico do primeiro equipo cadista, Álvaro Cervera, chama a Pedro para adestrar co primeiro combinado e ese mesmo fin de semana de liga entra na convocatoria oficial de liga.
O 2 de outubro de 2021, no partido correspondente á xornada oitava do campionato ligueiro de Primeira División de España, Pedro Benito realizou o seu debut oficial co Cádiz Club de Fútbol na máxima categoría do fútbol español substituíndo no minuto sesenta a Álvaro Negredo no encontro que os enfrontou no Estadio Novo Mirandilla ante ao Valencia Club de Fútbol con resultado final de empate a cero.
O 30 de novembro de 2021, o San Fernando CD da Primeira División RFEF anuncia de forma oficial a incorporación de Pedro Benito nas súas filas en calidade de cedido polo filial do Cádiz Club de Fútbol ata o remate da campaña 2021/2022.
Clubs ClubPaísAnoGW Bulldogs Estados Unidos2019 - 2020UCAM Murcia B2020 – 2021 Cádiz CF "B"2021 – ActualidadeSan Fernando CD (cesión)España2021 – 2022
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores do Cádiz CF