miniatura|dereita|Estatua de Xesucristo cargando a cruz coa inscrición Sursum Corda no pedestal. Entrada da catedral de Grodno (Belarús). Sursum corda (en latín, «arriba os corazóns») é unha expresión do prefacio da misa católica segundo o rito romano, vixente até o Concilio Vaticano II. Na versión actual traduciuse como «Erguede os corazóns»; e os fieis responden: «Témolos postos no Señor». Definición A palabra sursuncorda deriva da expresión «Sursum corda». Refírese a un personaxe anónimo de grande importancia en quen se delega algo que non se quere facer («Que o faga o sursuncorda!»). Tamén pode facer alusión a alguén a quen non se está disposto a obedecer por moita autoridade que teña («Non vou alí aínda que o mande o sursuncorda!»).

Véxase tamén Outros artigos Locución latina

Categoría:Locucións latinas