miniatura|240px|Vespula germanica nun nicho dentro dun tronco de árbore. Hibernando, agarda á primavera para establer unha nova colonia. Se a raíña non sobrevivise, a colonia non sería fundada

En medicina, o letargo, ou letarxia, é un estado de somnolencia prolongada causada por certas enfermidades.letargo no Dicionario da RAG.VV. AA. (2002): Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3371-2.

Etimoloxía É un termo da linguaxe científica tirado do latín científico lethargia, que á súa vez tomou do grego antigo λήθαργια lēthargia, voz formada polos elementos leth- e -argia, de λήθη lḗthē, "esquecemento", e αργíα argía, "repouso", "pereza", "inacción", "inercia", respectivamente.lethargy no Merriam-Webster Dictionary.

Características O letargo é ademais síntoma de varias enfermidades nerviosas, infecciosas o tóxicas, caracterizado por un estado de somnolencia profunda e prolongada. Torpeza, modorra, insensibilidade, enaxenamento do ánimo relacionados con dito estado como comportamentos asociados xa que o organismo relaxa todo o corpo.Lethargy En healthline.com´ .Hall J. E. & Guyton A. C. (2006): Textbook of medical physiology, 11th edition. St. Louis, Missouri: Elsevier Saunders. ISBN 0-7216-0240-1.

É un cadro clínico relacionado coa fatiga ou astenia e en, casos graves á narcolepsia. Pode ir acompañado de depresión, diminución da motivación ou apatía.

Outras causas O letargo pode ser unha resposta normal a un sono inadecuado, a un exceso de esforzo ou de traballo, ao estrés, á falta de exercicio, á nutrición inadecuada, ou ao aburrimento. Tamén pode ser un efecto secundario da medicación, ou ser causado por unha interacción entre medicamentos e alcohol. Cando forma parte dunha resposta normal, o letargo adoita resolverse co descanso, o sono adecuado, a diminución do estrés, o exercicio físico e unha boa nutrición.

En zooloxía En zooloxía é como se denomina un tipo especial de hibernación, característico dalgúns mamíferos alpinos das zonas polares, como a marmota, os osos ou o leirón, e que tamén experimentan algúns insectos no seu cliclo vital.D'Ancona, Humberto (1972): "Letargo" en Tratado de zoología. Tomo I. Zoología general. Barcelona: Editorial Labor, S. A.

O letargo representa unha forma especial de hibernación, e implica unha suspensión da facultade de termorregulación.

Nos insectos Nos insectos o letargo é produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas, ou para sincronizaren a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.

Os seus factores causantes ou determinantes son ben específicos.Chapman, R. F. (1998): The Insects: Structure and Function, 4th ed. New York: Cambridge University Press. ISBN 0-5215-7890-6, p. 403.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hibernación Narcolepsia Somnolencia Trastorno depresivo maior

Categoría:Termos médicos Categoría:Termos zoolóxicos