miniatura|240px|Aplodontia rufa. Universidade Harvard Aplodontia rufa, coñecida na bibliografía internacional como castor de montaña, é unha especie de mamífero da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, a única da familia dos aplodontíidos,Aplodontia rufa Rafinesque, 1817 no MSW. e do seu único xénero, Aplodontia.Aplodontia Richardson, 1829 no MSW.

Pese ao seu nome común, non é nin un castor nin necesariamente un animal propio dos montes.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1829 polo cirurxián e explorador escocés John Richardson.

Especie A especie describiuna en 1817 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, baixo o nome de Anisonyx rufa, nun traballo publicaso en Am. Mon. Mag. vol.2, p.45.Aplodontia rufa (Rafinesque, 1817) no GBIF.

Subespecies Recoñécense sete subespecies de Aplodontia rufa: Aplodontia rufa californica (Peters, 1864) Aplodontia rufa humboldtiana Taylor, 1916 Aplodontia rufa nigra Taylor, 1914 Aplodontia rufa pacifica Merriam, 1899 Aplodontia rufa phaea Merriam, 1899 Aplodontia rufa rainieri Merriam, 1899 Aplodontia rufa rufa (Rafinesque, 1817)

Características O seu dentame é 1.0.2.3-1.0.1.3

Fisioloxicamente está limitado a microambientes húmidos, necesitando invernos non moi rigurosos, xa que non é capaz de conservar a calor corporal tan eficientemente como outros xéneros de roedores que non hibernan.Macdonald, D. ed. (1984): The Encyclopedia of Mammals. Nova York: Facts on File. pp. 610–611. ISBN 0-8719-6871-1.

Reprodución A estación de cría é de xaneiro a marzo, con de 2 a 3 crías por camada, que nacen de febreiro a abril. Nacen sen pelo, coa pel de cor rosada, e cegos. A súa lonxevidade é de 5 a 10 anos.

Esado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status do castor de montaña como de LC (pouco peocupante) porque é unha especie común e moi estendida, e é improbábel que estea a diminuír o suficientemente rápido como para incluíla nunha categoría máis ameazada.Fellers, G. M., Lidicker Jr., W. Z., Linzey, A. & NatureServe. 2016: Aplodontia rufa na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 25 de novenmbro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, M. C. & S. K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York City: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1012-X. Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Roedores Esciuromorfos Aplodontíidos

Categoría:Roedores Categoría:Fauna de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1817