Cynomys é un xénero de mamíferos roedores da suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos e tribo dos marmotinos.
Están emparentados coas marmotas (xénero Marmota) e co xénero Spermophilus.
Son coñecidos na bibliografía internacional polo nome vulgar de cans (ou cadelos) das pradarías.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1817 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque, nun traballo publicado en Am. Mon. Mag. 2: 43.Cynomys Rafinesque, 1817 en MSW.
Etimoloxía O nome científico Cynomys está formado polos elementos cyn- e -mys unidos por un -o- epentético. Estes elementos derivan das voces do grego antigo κυων, κυνος kyōn, kynos, "can", e μυς, μυός mys, myós, "rato", resoectivamente.<ref>Cynomys no Merriam-Webster Dictionary".</ref>
Literalmente: os "cans rato".
Especies O xénero comprende cinco especies: Cynomys gunnisoni (Baird, 1855)Cynomys leucurus Merriam, 1890Cynomys ludovicianus (Ord, 1815) Cynomys mexicanus Merriam, 1892Cynomys parvidens J. A. Allen, 1905
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Esciuromorfos Esciúridos Xerinos Marmotinos
Categoría:Esciúridos