miniatura|O resveratrol é un estilbenoide de importancia biolóxica

Os estilbenoides son derivados hidroxilados do estilbeno. Caracterízanse por posuír unha estrutura C6-C2-C6. En termos bioquímicos, pertencen á familia dos fenilpropanoides, e comparten a maior parte da súa biosíntese de vía coas chalconas. Os estilbenoides son produtos secundarios do durame das árbores, e poden actuar como fitoalexinas.

Existe un estilbenoide bacteriano, o (E)-;3,5-Dihidroxi-4-isopropil-trans-estilbeno, composto producido por Photorhabdus, que é un simbionte bacteriano dos nematodos de insectos chamados Heterorhabditis.

Un exemplo dun estilbenoide é o resveratrol, que se encontra nas uvas, e que se suxeriu que ten moitos beneficios para a saúde.

As formas oligoméricas destes compostos coñécense como oligoestilbenoides.

Química Por efecto da irradiación UV, o estilbeno e os seus derivados sofren unha reacción de ciclación intramolecular para formar dihidrofenantrenos.

Propiedades das fitoalexinas

Algúns estudos suxiren que as fitoalexinas son responsabis da resistencia que presentan as árbores a alguhnas enfermidades, tales como o murchamento dos piñeiros.

Estilbenoides coñecidos Agliconas Piceatannol Pinoestilbeno Pinosilvina Pterostilbeno Resveratrol Glicósidos Astrinxina Piceída

Notas

Véxase tamén Bibliografía Hillis, W. E. (2011): Heartwood and tree exudates. Berlin / Heidelberg / Nova York: Springer. ISBN: 978-3-6427-2536-4. Yamada, T., & Ito, S. (1993): "Chemical defense responses of wilt-resistant pine species, Pinus strobus and P. taeda, against Bursaphelenchus xylophilus infection". Ann. Phytopathol. Soc. Jpn. '59: 666–672.

Categoría:Compostos aromáticos