Mariluz Congosto Martínez, nada en Henarejos en 1956, é unha informática, investigadora e docente española especializada en análise de redes sociais e visualización de datos .

Traxectoria Licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid (1974-1979), comezou a traballar como enxeñeira en Fujitsu (1980-1995) e dende o ano 2000 traballa en investigación e desenvolvemento con proxectos de innovación no ámbito das telecomunicacións para Telefónica (TESYS)., MORE, EOC). Dende 2000 a 2008 tamén realizou labores de divulgación tecnolóxica e colaborou coa Fundación Telefónica creando plataformas de publicación dixital.

En 2008, doutorouse en Telemática pola Universidade Carlos III e iniciou unha faceta investigadora e docente en datos sociais, preferentemente en Twitter onde investiga a difusión e caracterización dos usuarios en Twitter dentro do ámbito de datos sociopolíticos.

Mediante a análise de redes e a visualización de datos, desenvolve o obxectivo de descubrir patróns de comportamento, propagación de mensaxes e caracterización dos usuarios. O seu principal interese de investigación céntrase nos patróns nas redes sociais, como a caracterización dos usuarios, como se difunden as mensaxes e a análise dos acontecementos.

Destaca o seu traballo sobre a análise cuantitativa da dinámica das redes sociais. Como docente, está especializada en visualización de datos, unha disciplina aplicada en enxeñería, economía ou xornalismo .

Congosto desenvolveu a plataforma t-hoarder utilizada para capturar e mostrar datos sociais de Twitter e a plataforma metroaverias para medir a calidade do Metro de Madrid tal e como a perciben os usuarios das diferentes liñas de Metro.

Actualmente é profesora honoraria do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade Carlos III.

Notas

Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en 1956