Kanahus Manuel, tamén coñecida como Kanahus Freedom, é unha activista indíxena pertencente aos pobos shuswap e kutenai, orixinaria da Columbia Británica, no Canadá. É membro do grupo de activistas Tiny House Warriors.

Nai de catro fillos, rexeitou rexistralos como maneira de protestar contra o goberno canadense e os seus regulamentos provinciais e federais. Tamén usou este feito como unha declaración de descolonización, para subliñar a condición dos seus fillos como membros das Primeiras Nacións.

Traxectoria Manuel é membro da banda Neskonlith da Columbia Británica. Manuel, quen ten unha irmá xemelga (Mayuk Manuel) naceu no seu dunha familia moi política. Son fillas de Beverly e Arthur Manuel, un activista. O seu avío paterno, George Manuel, exerceu entre 1970-1976 como xefe nacional da Asemblea das Primeiras Nacións. e foi presidente fundador do Consello Mundial dos Pobos Indíxenas. A súa tía, Doreen Manuel, é cineasta. A súa tía, Vera Manuel, é poeta e dramaturga.

En 2018, Manuel casou con Orlando Watley (do pobo chickasaw), quen estivo dende 1994 na Prisión Estatal de Calipatria, un cárcere de máxima seguridade de California. De acordo co Proxecto pola Inocencia de Orlando Watley, Watley foi absolto dos cargos dun roubo/homicidio en 1993, e con 19 de idade, foi detido e condenado falsamente en 1994 por un delito de triplo homicidio. Mantendo que é inocente, está encarcerado dende entón e cumpre cadea perpetua.

Manuel ten catro fillos, todos os cales naceron fóra dun hospital. Non rexistrou ningún deles para a certificación de nacemento, polo que están indocumentados. Por nacemento, estarían clasificados como "indios con status" no Canadá e terían dereito a certos beneficios, pero ela non quixo que caesen baixo a regulación gobernamental.

Obras 2017: "Decolonization: The frontline struggle" en Whose Land Is It Anyway? A Manual for Decolonization. Federation of Post-Secondary Educators of BC.

Notas

Categoría:Indixenistas de América Categoría:Escritores en lingua inglesa