alt=Xunqueiredro II frontal|miniatura|Xunqueiredro II.

alt=Perspectiva do Xunqueiredro II|miniatura|dereita|Perspectiva do Xunqueiredro II O Xunqueiredro ou Xunqueiredo II é un poliedro de 80 caras, que son triángulos equiláteros iguais. Pódese construír a partir de varias estrela octángulas ou a partir de varios tetraedros.

Foi nomeado oficialmente polo Club de Ciencia do IES A Xunqueira II de Pontevedra no acto de entrega de premios do I Concurso Novos Poliedros organizados por Igaciencia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Construción do Xunqueiredro II mediante padróns A partir dunha imaxe en 3D extráense os padróns en dúas dimensións subdividindo a peza en 4 niveis, dos que o 3º e o 4º son simétricos aos dous primeiros.

O nivel superior corresponde coa metade dunha Stella Octángula, que está composta por 12 triángulos equiláteros. Constrúese mediante dous padróns iguais de 6 triángulos cada un.

O segundo nivel contén 28 triángulos equiláteros. Constrúese mediante 4 padróns de 7 triángulos cada un.

Notas

Categoría:Poliedros