Xosé Gayoso Veiga, nado nas Reboleiras, Outeiro de Rei, o 8 de xuño de 1905 e finado en Lugo en outubro de 1995, foi un escritor galego.

Traxectoria Iniciou estudos universitarios, que non rematou, e foi profesor nun centro de ensino privado. Colaborou coa prensa luguesa da época nalgunhas cabeceiras como El Progreso, Guión, La Provincia e Yunque.

Obra Publicou un único volume: Coa nosa xente, 1973, Editorial Galaxia. Ilustrado por Siro.Coa nosa xente en Google Books.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, L. et al. (2010). Epistolario lugués pp. 171-175. Cadernos Ramón Piñeiro XV. CIRP, Tórculo. ISBN 978-84-453-4891-8.

Categoría:Nados en Outeiro de Rei Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes