Puvirnituq (en ) é unha vila e comunidade inuit de Nunavik ao norte do Quebec, no Canadá. A súa poboación era de 1 779 habitantes segundo o censo canadense de 2016.
Etimoloxía O nome da vila significa "lugar onde hai un cheiro a carne podre". Este nome pecualiar pode ter orixe posíbel en dous acontecementos que ocorreron hai moito tempo na zona: Un rabaño de caribús foi arrastrado polo río Povungnituk cando o intentaba cruzar e os seus corpos acabaron preto da localización actual da vila, onde empezaron a descompoñerse e a desprender un cheiro acérrimo. Unha epidemia acabou coa vida da maioría dos habitantes da zona até o punto que non había xente abondo para enterrar os corpos, que ao quedar expostos, comezaron e emitir un cheiro pútrido.
Demografía
Linguas En Puvirnituq, segundo o Instituto de Estatística do Quebec, a lingua máis falada na casa en 2011Institut de la statistique du Québec . Population selon la langue parlée le plus souvent à la maison, municipalités et TE du Nord-du-Québec et ensemble du Québec, 2011 sobre unha poboación de 1 680 habitantes era o inuktitut cun 90,48 %, seguido do francés cun 5,65 % e o inglés cun 3,27 %.
Galería
Notas
Categoría:Xeografía do Quebec