Lozoya, ou Lozoya del Valle, é unha pequena vila e municipio da Comunidade de Madrid, situada no alto Val do Lozoya, no Parque Nacional da Serra de Guadarrama.
A 85 km da cidade de Madrid, o termo municipal está atravesado polo río Lozoya.
Xeografía Situado a unha altitude media de 1 116 msnm, o municipio abarca unha superficie de 57,94 km².
Segundo o censo de 2020 a vila tiña unha poboación de 580 habitantes,Lozoya Instituto Nacional de Estadística. polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 9,65 hab./km².
Demografía
Economía A economía de Lozoya del Valle baséase na gandaría e, sobre todo, no turismo rural, xa que é unha poboación que destaca pola calidade da súa gastronomía e a beleza das súas paisaxes.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial do concello.
Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid