O Extremo Oriente ruso (en ) refírese á parte rusa do Extremo Oriente, é dicir, aos territorios de Rusia entre Siberia e o océano Pacífico. O Distrito Federal do Extremo Oriente que abrangue esta área non debe ser confundido co Distrito Federal de Siberia, que non se estende até o Pacífico. Na época socialista era coñecido como o Extremo Oriente soviético.

Aínda que tradicionalmente considérase parte de Siberia, o Extremo Oriente ruso clasifícase separado de Siberia nos esquemas rexionais rusos e na URSS.

En Rusia, a rexión adoita ser denominada simplemente «Extremo Oriente», o que implica unha posíbel confusión co significado internacional de Extremo Oriente na tradución. Esta última é normalmente referida en Rusia como a Rexión Asia-Pacífico (Азиатско-тихоокеанский регион, abreviado como ) ou "Asia oriental" (Восточная Азия).

Demografía Segundo o censo ruso de 2002, o Distrito Federal do Extremo Oriente tiña 6 692 865 habitantes, a maioría nas zonas do sur. Tendo en conta a extensión do distrito, dita poboación tradúcese en pouco máis dunha persoa por quilómetro cadrado, o que converte a rexión nunha das menos densamente poboadas no mundo. A poboación do Extremo Oriente ruso sufriu un rápido declive desde a disolución da URSS.

O 75% da poboación é urbana. En 2002, as cidades máis poboadas eran:

Vladivostok (594 701) Khabárovsk (583 072) Komsomolsk-na-Amure (281 035) Blagoveshchensk (219 221)

Grupos étnicos tradicionais Os grupos demográficos orixinais do Extremo Oriente ruso inclúen (agrupados por grupo lingüístico):

Túrquicos: Sakhas Esquimo-aleutas: Unangax̂, Iupiks siberianos Chukoto-kamchatkanos: Chukchis, Koryaks, Alyutores, Kereks, Itelmenos Tunguses: Evenkis, Evenos, Nanais, Órochi, Ulchi, Udege, Oroqens Illados: Iukagiros, Nivkhs, Ainus

Accidentes xeográficos

Volcán Kliuchevskói, un estratovolcán basáltico preto da costa leste da península de Kamchatka A fosa das Kuriles, unha das depresións máis fondas do planeta, cuns 10 542 m de profundidade máxima.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Reunión de fronteiras: Siberia, Alaska e o Oeste americano (inclúe material sobre o Extremo Oriente soviético) Дальневосточный федеральный округ en WGEO

Categoría:Historia da Unión Soviética