Anna Sundström, nada o 26 de febreiro de 1785 e finada en 1871, cuxo nome de nacemento era Anna Christina Persdotter, foi unha química sueca que traballou como axudante do químico Jöns Jacob Berzelius de 1808 a 1836. Anna Sundström é considerada a primeira química sueca.Karolinska Institutet 200 År - 1810-2010
Traxectoria Anna Persdotter era filla do granxeiro Per Jansson e máis tarde adoptou o seu nome científico de Sundström. Trasladouse á capital para traballar como criada e en 1808 foi contratada como empregada do fogar de Jöns Jacob Berzelius, quen a tratou como axudante e colega nos seus estudos. Durante o seu traballo na casa Berzelius recibiu unha educación en química e adquiriu unha gran cantidade de coñecementos na disciplina. Berzeluis afirmou que: "Ela utilizou o meu equipo e coñece o nome do equipo como unha graduada, e podo dicir con seguridade que pode destilar ácido clorhídrico . Sundström tamén xestionaba o seu laboratorio e supervisaba aos seus estudantes, que a chamaban cariñosamente "a estrita Anna".
Anna Persdotter viuse obrigada a rematar o seu traballo con Berzelius cando este casou con Elisabeth Poppius en 1836.
Recoñecementos Cada ano a división de química inorgánica da Academia Sueca de Química elixe a mellor tese de doutoramento en química inorgánica e outorga á autora o Premio Anna Sundström.
Notas
Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Químicos de Suecia Categoría:Nados en 1785 Categoría:Finados en 1871