A Comunidade de África Oriental (CAO, en , EAC) é unha unión aduaneira de África Oriental, formada por Kenya, Uganda, Tanzania, Burundi, Ruanda e Sudán do Sur.
Os seis países que integran a Comunidade de África Oriental acordaron adoptar unha moeda única que abranguería 135 millóns de persoas. A CAO é un dos piares da Comunidade Económica Africana. Ten unha unión aduaneira dende 2005 e un mercado común dende 2010.El Mundo
Historia A CAO fundouse o 7 de xullo de 2000. nunha cerimonia celebrada na cidade de Arusha (Tanzania), en que se localiza a súa sede, reavivando un proxecto similar abandonado en 1977. O novo tratado EAC creaba o camiño cara a unha unión económica e, nun futuro, política entre os tres países iniciais. Un tratado posterior, asinado en marzo de 2004 estableceu unha unión aduaneira que comezou o 1 de xaneiro de 2005. Segundo o tratado, Kenya, o máis rico dos tres países iniciais, ía pagar aranceis polas mercadorías que entrasen en Uganda e Tanzania ata 2010.
Burundi e Ruanda incorporáronse o 6 de xullo de 2009, e Sudán do Sur o 5 de setembro de 2016.
En xaneiro de 2023, a Comunidade de África Oriental (EAC) planea emitir unha moeda única nos próximos catro anos. O Consello de Ministros da organización debe decidir sobre a localización do Instituto Monetario de África Oriental e o establecemento dunha folla de ruta para a emisión da moeda única.
Pasaporte común miniatura|O presidente ruandés Paul Kagame na conferencia da EAC de 2006. Ruanda uniuse á organización en 2007 O pasaporte de África Oriental lanzouse oficialmente o 1 de abril de 1999 para facilitar atravesar fronteiras entre estes países africanos e dá dereito a kenyanos, tanzanos e ugandeses a unha estadía de seis meses renovábeis en calquera destes países.
O pasaporte expídese nas sedes dos respectivos Departamentos de Inmigración en Nairobi, Kampala e Dar es Salaam. Custa o equivalente a 10 dólares estadounidenses e as solicitudes tardan en tramitarse de dúas a tres semanas. A pesar de que o pasaporte só é válido dentro da CAO, preténdese internacionalizalo con outros países da África Oriental.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas East African Community Information from africadatabase.org BBC News report on the setting of the Customs Union East African Monetary Union
Categoría:Organizacións internacionais