ANO ("si" en lingua checa) ou ANO 2011 é un partido político checo de centro dereita, de ideoloxía liberal-conservadora. O partido é o herdeiro do antigo Movemento de Cidadáns Descontentos (en checo: Akce nespokojených občanů). Traxectoria Foi fundado en 2012 e está dirixido polo multimillonario empresario Andrej Babiš. Ten como obxectivo erradicar a corrupción do país, abolir a inmunidade e os retornos de capital do persoal político, loitar contra o desemprego e mellorar as infraestruturas de transporte. Ideoloxicamente, o partido sitúase no centro-dereita do espectro político checo, e ten moitos puntos en común coa Unión Democrática Cristiá - Partido Popular Checoslovaco, sen descartar colaborar con outros partidos.
Andrej Babiš dixo nunha entrevista postelectoral que estaba en contra da entrada da República Checa na zona do euro e que ANO 2011 non estaba a favor de profundar na integración europea e aumentar máis a burocracia de Bruxelas.
Nas eleccións parlamentarias de 2013, ANO 2011, deu a sorpresa ao consegui-lo 18,7% dos votos emitidos, quedando segundo por detrás do Partido Socialdemócrata Checo (ČSSD). Pouco despois, decidiu unirse a este último e á Unión Democrática Cristiá - Partido Popular Checoslovaco para formar o novo goberno, dirixido polo socialdemócrata Bohuslav Sobotka.
O 21 de novembro de 2014, o Congreso do Partido da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa aceptou a ANO 2011 como membro. Pavel Telička, cabeza de lista nas eleccións europeas de 2014 na República Checa, anunciou a súa saída da delegación da ANO 2011 en outubro de 2017.
Segundo Jakub Patock, xornalista e biógrafo de Andrej Babiš, o partido está organizado como se fose da súa propiedade.
Resultados electorais
Eleccións parlamentarias AnoVotos%PostoGoberno2013927 24018,652º47 / 200Bohuslav Sobotka20171 500 11329,641º78 / 200Andrej Babiš, I (2017-18) e II (dende 2018)20211 458 14027,132º72 / 200
Eleccións presidenciais AnoCandidato1ª volta2ª volta%Posto%Posto2013Jiří Dienstbier 16,14º2018Non presentado
Eleccións europeas AnoVotos%EscanosCabeza de ListaPosto201416,14 / 21Pavel Telička1º201921,26 / 21Dita Charanzová1º
Eleccións rexionais de 2020 Ano 2020Rexión%EscanosBohemia central18,5415 / 65Bohemia do Sur18,1212 / 55Plzeň22,5012 / 45Karlovy Vary24,7913 / 45Ústí nad Labem25,887 / 55Liberec17,8510 / 45Hradec Králové22,0412 / 45Pardubice19,6111 / 45Vysočina18,4810 / 45Moravia do Sur19,7615/ 65Olomouc27,018 / 55Zlín19,089 / 45Moravia-Silesia30,2414 / 65
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Andrej Babiš Partido Socialdemócrata Checo
Categoría:Partidos políticos da República Checa