Valentín Lois Sobrino, coñecido como Barouteiro, nado en Ribadavia cara a 1899 e finado en Ventosela o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Durante a Segunda República estivo afiliado á Sociedad de Agricultores de Valdepereira, adscrita á CNT do Ribeiro, fundada por José Bóveda Formigo.Valdepereira: agrarismo e anarquismo no Ribeiro Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi localizado por un grupo de gardas civís e falanxistas na súa casa de Val de Pereira o 16 de febreiro de 1937 e foi asasinado, aínda que a versión oficial di que se suicidou.El Compostelano, 20-2-1937, p. 2.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937