El Encanto é unha vila e concello do departamento de Amazonas, en Colombia. En 2015, contaba cunha poboación de 4 841 habitantes. Atópase a 158 msnm. Foi erixida como correxemento o 4 de decembro de 1951, confirmado en 1953. En 1991, segundo o artigo 21 da presidencia, pasou a chamarse correxemento departamental o 4 de outubro. Posúe unha superficie de 10 724 quilómetros cadrados.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Amazonas, Colombia