Mompox ou Mompós, oficialmente Santa Cruz de Mompox, é unha cidade e concello do norte de Colombia, no departamento de Bolívar. Mompox é unha cidade que preservou o seu carácter colonial e que depende do turismo, da pesca, e algún comercio xerado polo gando local. No ano 2015, tiña arredor de 44 124 habitantes, e é adxacente aos concellos de Pinillos e San Fernando. O centro histórico de Santa Cruz de Mompox foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1995 debido á súa arquitectura colonial preservada e á mestura de estilos arquitectónicos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Noguera, Aníbal: Dos Condes y cuatro marqueses e Historias Momposinas, en Crónica Grande del Río de la Magdalena, Ediciones Sol y Luna, edición del Fondo Cultural Cafetero, Bogotá 1980 ISBN. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Bolívar, Colombia