miniatura|Árbore xenealóxica da Gens Cecila Metela (tódalas datas son a. C.) Marco Cecilio Metelo (en latín, Marcus Caecilius Metellus) foi un foi senador e xeneral romano. Pertencía aos Cecilio Metelo, unha das familias aristocráticas máis destacadas de mediados e finais da República romana.Smith (1867), p. 1058

Traxectoria

Foi un dos catro fillos de Quinto Cecilio Metelo Macedónico.

Marco foi un triunviro monetalis (é dicir, un dos tres encargados da cuñaxe de moeda) no 127 a. C. coa marca de ceca M METELLVS Q F;Babelon, Ernest, Description historique et chronologique des monnaies de la République romaine, 1885-6: moedas referenciadas Caecilia 28,29,31-34 posteriormente, no 128 a. C. foi pretor e foi cónsul no 115 a. C. con Marco Emilio Escauro.

Ao ano seguinte, Metelo converteuse en gobernador proconsular de Córsega e Sardeña, servindo até o 111 a. C. Durante o seu mandato, Metelo reprimiu unha insurrección na illa de Sardeña, pola que celebrou, ao seu regreso a Roma, un triunfo en Quintilis (xullo) do 111 a. C.

O irmán máis novo de Marco, Caio Cecilio Metelo Caprario, tamén celebrou o seu propio triunfo o mesmo día, polas súas vitorias en Tracia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de cónsules romanos na República

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados en -158 Categoría:Finados en -111