Chandrashekhara Kambara, nado en Ghodageri o 2 de xaneiro de 1937, é un escritor en lingua kannará, director de cinema e folclorista indio. Pola súa obra recibiu numerosos recoñecementos na India, como o Padma Bhushan, o terceiro galardón civil máis alto na India e o Jnanpith en 2011 o principal premio literario indio. miniatura|Kambara co elenco da obra de teatro Jokumaraswami en Calcuta (1987)
Traxectoria Naceu na aldea de Ghodageri, no distrito de Belagavi no norte do actual estado de Karnataka, era o terceiro fillo da parella formada por Basavannayappa R. Kambar e Chennamma; moi influído pola moral da súa nai, houbo deixar os estudos pola pobreza da familia pero Jagadguru Siddaram Swamiji do mathaMatha é un mosteiro hinduísta de Savalagi financiou os seus estudos ata a secundaria e así puido recibir o ensino primario en Gokak e o secundario na capital do distrito, Belagavi, e logo completou os estudos universitarios na Universidade de Karnataka para grazas ao programa Fulbright puido ir aos Estados Unidos e ensinar na Universidade de Chicago durante o curso 1968-1969 e á volta á India foi profesor na Universidade de Bangalore dende 1970 ata que se converteu no primeiro vicereitor da Universidade Kannada (1991-1996). Foi presidente da Academia Karnataka de Artes escénicas (1980-1983) e director da Escola Nacional de Teatro da India (1996-2000) e presidente da Sahitya Akademi da India dende 2018 Obra A obra de Kambara abrangue 25 obras de teatro, 11 coleccións de poemas, 5 novelas e 16 obras de investigación sobre folclore, teatro, literatura e educación. Entre os seus dramas máis populares están Jokumaraswamy, Jayasidnayaka, Kadu Kudure, Nayi Kathe, Mahamayi, Harakeya Kuri. En 1991 recibiu o premio Sahitya Akademi por outra popular obra de teatro Sirisampige. Unha das características da súa obra é a utilización de elementos dos dialectos kannará do norte, algo pouco común na literatura kannará pero que xa utilizara D. R. Bendre na súa poesía.
No seu teatro foi pioneiro na introdución de estilos tradicionais do seu distrito, como en Sangya Balya, onde bota man da bayalāṭa (teatro ao aire libre) propio de Bailhongal ou en Jokumaraswamy que se asenta nos ritos e tradicións que se desenvolven en todo o norte de Karnataka cara a Jokumara, unha deidade popular e que consegue que trascendan como recurso literario a toda Karnataka e ao resto da India con múltiples traducións ás diversas linguas dese espazo. Ademais moitas das súas obras tamén se traduciron ao inglés. Como director dirixiu filmes baseados nas súas obras como Kaadu Kudure, Karimaayi ou Sangeetha e tamén realizou documentais para o goberno de Karnataka e mais para o da India. Alén da súa obra literaria, é autor de traballos académicos sobre o folclore indio e salienta como compilador dun dicionario de folclore.
Temas No seu extenso poema narrativo Helatena Kela ("Escoita, heicho contar") que publicou en 1964, Kambara presentou algúns dos seus temas recorrentes ao longo da súa obra; a tradición e a modernidade, a indentidade, o colonialismo, a marcha da historia, o sexo, a perda da fe, a morte de Deus.
Shivapura é unha vila imaxinaria utópica presente en moitas das súas obras que constitúe unha metáfora e un lugar común en moitos dos seus poemas e contos Na súa caracterización, Shiva e Parvati visítaa e bendí os seus habitantes. Mesmo Rama ao estar a ir a Sri Lanka na procura de Sita visita a vila de camiño.
Obras
Poesía
Mugulu (1958) Helatena Kela (1964) Takararinavaru (1971) [Premio Karnataka Sahitya Akademi de poesía] Saavirada Neralu (1979) [Premio Ashan de 1982, Kerala] Aayda Kavanagalu (1980) Belli Meenu (1989) Akkakku Haadugale (1993) Eevaregina Helatena Kela (1993) Chakori (1996) Ayda Kavitegalu ( 2007) Ellide Shivapura (2009) Samagra Kavya (2018)
Teatro Bembattida Kannu – 1961 Narcissus – 1969 Rishyashringa – 1970 Jokumaraswamy – 1972 Chalesha — 1973 Sangya Balya Anabeko Naadolaga – 1975 Kittiya Kathe – 1974 Jasisidanayaka – 1975 (Premio "Vardhamana Prashasti" ao mellor libro do ano en kannará) Alibaba – 1980 Kaadu Kudure – 1979 Naayi Kathe – 1980 Kharokhara – 1977 Mathanthara – 1978 Harakeya Kuri – 1983 Kambara Avara Natakagalu – 1984 Sambashiva Prahasana – 1987 Siri Sampige (Premio Sahitya Akademi de 1991) Huliya Neralu – 1980 Boleshankara – 1991 Pushpa Rani – 1990 Tirukana Kanasu – 1989 Mahamayi – 1999 Nela Sampige – 2004 ) Jakkana – 2008 Shivaratri – 2011
Novelas Anna Tangi – 1956 Karimaayi – 1975 G.K. Maastarara Pranaya Prasanga – 1986 Singarevva Mattu Aramane – 1982 Shikhara Soorya – 2007 Shivana Dangura - 2015
Non ficción
Uttara Karnataka Janapada Rangabhumi – 1980 Sangya Balya – 1966 Bannisi Hadavva Nana Balaga – 1968 Bayalaatagalu – 1973 Matado Lingave – 1973 Namma Janapada – 1980 Bandire Nanna Jayolage – 1981 Kannada Folklore Dictionary (2 volumes) – 1985 Bedara Huduga Mattu Gilli – 1989 Lakshapathi Rajana Kathe – 1986 Kasigondu Seru – 1989 Nelada Mareya Nidhana – 1993 Brihaddesiya Chintana – 2001 An Anthology of Modern India Plays for the National School of Drama – 2000 Desheeya Chintana – 2004 Tudi Irada Daari - 2009 Marave Marmarave – 2007 Idu Desi – 2010
Notas
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Karnataka Categoría:Escritores en lingua kannará Categoría:Escritores da India Categoría:Directores de cinema da India