Elías Rodríguez Iglesias, nado nos Peares, foi un poeta e xornalista galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba sendo mozo. Colaborou en Eco de Galicia e Heraldo de Galicia. En 1921 retornou a España e foi soldado en Marrocos na guerra do Rif, desde onde escribiu crónicas para Eco de Galicia.Eco de Galicia, 6-11-1921, p. 3. Foi nomeado vixilante de segunda clase en Lugo en 1927,El Pueblo Gallego, 28-1-1927, p. 8. e despois foi axente de vixilancia da Comisaría de Ourense, cesando no cargo en maio de 1931.La Región, 5-5-1931, p. 8. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente comercial instalado no barrio da Ponte. Colaborou en La Región e foi secretario da Agrupación Sindical de Veteranos y Accidentados del Trabajo (ASVAT).La Región, 20-7-1968, p. 5. En 1968 obtivo o segundo premio en castelán nos Xogos florais de Vilagarcía de Arousa.La Voz de Galicia, 11-8-1961, p. 9.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido