Nicole Ladmiral, nada en París o 16 de xaneiro de 1930 e finada na mesma cidade o 11 de abril de 1958, foi unha actriz francesa.

Traxectoria Despois de narrar en off a película Le Sang des bêtes (1948) de Georges Franju, actuou en Journal d'un curé de campagne (1950) de Robert Bresson. Neste filme interpretou o que foi o papel máis destacado da súa vida artística, Mademoiselle Chantal, a perversa e antipática filla do conde d'Ambricourt.

O resto da súa carreira resultou decepcionante.

Quitouse a vida tirándose ao metro en París na estación de Daumesnil, na mañá do 11 de abril de 1958.François-Guillaume Lorrain, Les Enfants du cinéma, Grasset, 2011

Estivo casada con Roland Dubillard, con quen tivo unha filla, Ariane, en 1956.Association de la régie théâtrale, texte de Geneviève Latour consacré à Roland Dubillard

Filmografía

1948: Le Sang des bêtes de Georges Franju (voz) 1950: Le journal d'un curé de campagne de Robert Bresson 1951: Deux sous de violettes de Jean Anouilh

Teatro

1952: Quarante et quatre de Jean Davray, dirixida por Raymond Rouleau e representada no Théâtre Michel

Homenaxe

A dedicatoria do episodio «Fatale Beauté» da serie Histoire(s) du cinema, dirixida por Jean-Luc Godard: «A Michèle Firk e Nicole Ladmiral».

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Nados en París