Vayhi Boker (en ; en ; laykin ṣabāḥā) é un filme israelí de 2021 dirixido por Eran Kolirin, baseado na novela en lingua hebrea Let It Be Morning do autor palestino-israelí Sayed Kashua. En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes. Porén, o elenco palestino do filme opúxose á categorización do filme como "israelí" e rexeitou ir ao Festival en sinal de protesta. Foi escollido como candidato de Israel para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Mentres asistía á voda do seu irmán, un cidadán israelí de orixe palestina non pode regresar a Xerusalén cando unha estrada é bloqueada polos soldados israelís.

Personaxes Alex Bakri como Sami Juna Suleiman como Mira Salim Dau como Tarek Ehab Salami como Abed Khalifa Natour como Mohammed

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes de Israel propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes de Israel Categoría:Filmes dirixidos por Eran Kolirin