Zgjoi é un filme kosovar de 2021 dirixido por Blerta Basholli, no seu debut como directora. O filme está protagonizado por Yllka Gashi, Çun Lajçi e Aurita Agushi. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 31 de xaneiro de 2021 e converteuse no primeiro filme da historia do festival en gañar os tres premios principais: o Gran Premio do Xurado, o Premio da Audiencia e o Premio ó mellor director, na competición de Cinema Dramático do Mundo. Foi escollido como candidato de Kosovo para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.

Sinopse Unha muller, Fahrije, cun marido desaparecido, vai en contra das expectativas misóxinas da sociedade para converterse nunha empresaria. Comeza a vender o seu propio ajvar e mel, recrutando outras mulleres no proceso.

Personaxes Yllka Gashi como Fahrije Çun Lajçi como Haxhi Aurita Agushi como Zamira Kumrije Hoxha como Nazmije Adriana Matoshi como Lume Molikë Maxhuni como Emine Blerta Ismaili como Edona

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Kosovo propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua albanesa Categoría:Filmes de Kosovo Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Macedonia do Norte Categoría:Filmes de Albania Categoría:Filmes feministas