A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 37ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio de Montjuïc de Barcelona o 25 de xuño de 1939. O vencedor foi o Sevilla FC, que venceu por 6-2 Racing de Ferrol, facéndose co seu segundo título.

Contexto A de 1939 foi a primeira final de Copa dende o comezo da guerra civil, que rematara había menos de tres meses. Elixiuse como sede o estadio de Montjuïc por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora unha das últimas en ser conquistadas polas tropas franquistas. A anterior final disputada fora a da Copa do Presidente da República de 1936, que enfrontara a Madrid CF e FC Barcelona no estadio de Mestalla en Valencia, con vitoria para o equipo madrileño.

Finalistas Foi a segunda final de Copa que disputou o Sevilla, que anteriormente gañara a de 1935 contra o Sabadell en Chamartín, cun resultado de 3-0. Pola súa banda, para o Racing de Ferrol foi a primeira e única final da súa historia. O club galego nin sequera militaba nunha categoría nacional no momento do estalido da guerra, pois na tempada 1935/36 tivera que se conformar con disputar o Campionato de Galicia, despois de descender dende a Segunda División na 1934/35.

Camiño á final

O Sevilla chegou á final despois de eliminar ao Ceuta Sport nos oitavos de final, ao Aviación Nacional nos cuartos e ao Alavés nas semifinais. Pola súa parte, o Racing de Ferrol pasou automaticamente nos oitavos de final, ao se retirar a selección de Asturias, mentres que a continuación derrotou dous clubs vascos, o Donostia e o Baracaldo Oriamendi, con resultados globais de 3-1 e 3-2 respectivamente.

Detalles

Sevilla:PO BuenoDF CayusoDF VillalongaCC TorronteguiCC FélixCC LeoncitoDI Pepe LópezDI PepilloDI Campanal I (c)DI RaimundoDI BerrocalAdestrador: Pepe BrandRacing de Ferrol:PO AlbertyDF CalicheDF Moreno (c)CC BertolíCC José SilvosaCC Pedro BasterrecheaDI LeléDI GallartDI Paco BarónDI EdelmiroDI PortuguésAdestrador: José Planas

Notas

1939 Categoría:Fútbol en 1939 Categoría:Partidos do Racing de Ferrol Categoría:Partidos do Sevilla FC