Anna Morandi Manzolini, nada en Boloña o 21 de xaneiro de 1716 e finada no mesmo lugar o 9 de xullo de 1774, foi unha profesora de anatomía e escultora de figuras de cera italiana.
Traxectoria Recibiu un permiso especial para ensinar anatomía na Universidade de Boloña despois de que o seu marido Giovanni Manzolini, encargado da cátedra, enfermase de tuberculose ; Así, converteuse en profesora de anatomía ata a morte do seu marido en 1755 . O seu talento para facer figuras de cera nas que se copiaba detalladamente a anatomía humana valeulle o recoñecemento nas cortes europeas da Ilustración, e foi convidada á de Catalina II de Rusia, así como a outras cortes reais.
Manzolini tamén creou dúas efixies de cera que actualmente se expoñen no Palazzo Poggi, en Boloña: unha delas é un autorretrato, onde se representa a si mesma diseccionando un cerebro humano; a outra efixie representa ao seu marido, na mesma actividade. http://himetop.wikidot.com/anna-morandi-manzolini-s-wax-self-portrait
Notas
Categoría:Profesores da Universidade de Boloña Categoría:Escultores de Italia Categoría:Médicos de Italia Categoría:Nados en Boloña Categoría:Nados en 1716 Categoría:Finados en 1774 Categoría:Escultores do século XVIII