Caterina Vitale, nada en 1566 e finada en 1619, foi a primeira muller farmacéutica e química en Malta e a primeira muller farmacéutica da Orde dos Cabaleiros Hospitalarios.
Traxectoria Caterina era orixinaria de Grecia. Casou con Ettore Vitale, farmacéutico dos Cabaleiros Hospitalarios; á súa morte en 1590, herdou a súa farmacia e a tarefa de proporcionar medicamentos á Sacra Infermeria. Describírona como unha empresaria exitosa que se fixo moi rica e era coñecida por ser unha benfeitora dos carmelitas. Morreu en Siracusa en 1619 e o seu corpo foi levado á Valeta e enterrado na igrexa carmelita.
Notas
Categoría:Químicos de Malta Categoría:Farmacéuticos Categoría:Nados en 1566 Categoría:Finados en 1619