A casa Rodríguez Fernández é un edificio de estilo modernista situado na cidade de Ferrol, deseñado polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1912.
Características Foi construída en 1912 como vivenda unifamiliar exenta, con dous pisos e unha terceira planta baixo-cuberta a dúas augas. Destacan principalmente o gablete decorativo de perfil graduado na fachada principal e a forxa das xanelas e balcóns, de estilo modernista, aínda que con trazos do eclecticismo finisecular do século anterior. O acceso ao edificio realízase por medio dun portal na rúa Rubalcava xunto á medianeira cega, á que posteriormente se encostou un novo edificio, mentres que a fachada principal queda disposta mirando a unha rúa de menor entidade.
A edificación pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Madalena e á ruta modernista de Ferrol. Atópase emprazada en plena ruta do camiño inglés.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Teatro Jofre Casa Pereira
Categoría:Arquitectura civil en Ferrol